Noticias Persoal Diplomad@s Sanitari@s Escrito á Conselleira sobre Especialidades de Enfermaría
 
 

Escrito á Conselleira sobre Especialidades de Enfermaría

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Vimos de remitir á Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, o seguinte escrito para denunciar a absoluta falta de prazas de formación de especialistas en enfermaría na Galiza. Agardaremos a súa resposta.

 

 

 

Pilar Farjas Abadía.

Conselleira de Sanidade.

 

O mércores 22 setembro de 2010 saíu publicada no BOE a Orde SAS/2447/2010, de 15 de setembro, pola que se aproba a convocatoria da proba selectiva 2010, para o acceso no ano 2011, ás prazas de formación sanitaria especializada para graduadas/os-diplomadas/os en enfermaría.

O devandito BOE recolle que unha vez formuladas polas Comunidades Autónomas as distintas propostas de ofertas de prazas en formación sanitaria especializada 2010-2011, a comisión de Recursos Humanos do Sistema Estatal de Saúde, de acordo co previsto no artigo 22.5 da Lei 44/2003 do 21 de novembro, de Ordenación das Profesións Sanitaria, fixará a oferta final de prazas en formación sanitaria especializada a incluír nas convocatorias das probas selectivas 2010 para iniciar a formación no ano 2011.

A través da presente Orde ofértanse por primeira vez as prazas en formación das especialidades de: enfermaría xeriátrica, enfermaría familiar e comunitaria e enfermaría pediátrica, ubicadas en unidades docentes multiprofesionais nas que se formarán enfermeiras/os e médicas/os especialistas.

A inclusión de prazas en formación destas especialidades supón un paso importante no proceso de desenvolvemento e consolidación das especialidades de enfermaría.

A Comunidade Autónoma de Galiza non oferta ningunha praza de formación destas especialidades , nin tampouco praza da especialidade de enfermaría do traballo, supoñendo isto unha clara desvantaxe para os profesionais desta C.A, e impedindo así o desenvolvemento profesional das mesmas.

 

Desde a CIG-SAÚDE solicitamos que a Consellaría de Sanidade cree no exercicio orzamentario 2011 as unidades docentes destas especialidades, como paso previo a solicitar na vindeira convocatoria un número de  prazas en formación de todas as especialidades de enfermaría en sintonía co resto das CCAA,  para non ser unha vez máis a única CA que non realiza a devandita convocatoria .

 

Agardando de Vde unha contestación deste tema.

 

Un saúdo.

 

Compostela, 27 de setembro de 2010.

 

 

 

Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.

Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto