Noticias Persoal Contratacións Resultado da reunión co SERGAS sobre as Contratacións
 
 

Resultado da reunión co SERGAS sobre as Contratacións

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

basta_de_esperasHoxe tivemos unha reunión co SERGAS para falar das contratacións, tanto das listaxes pendentes como do novo pacto de contratacións. Como previa ao inicio da reunión, a Administración infórmanos da situación na que se atopan as listaxes pendentes de publicar. Desde a Tesourería da S.S de Madrid xa enviaron o disket cos datos do desemprego, nos próximos días farán a volcaxe de datos e, en breve, publicaran as listaxes provisorias. Reiteraron a celeridade coa que se fixo esta baremación, xa que o anterior proceso durara ano e medio

Desde CIG-SAÚDE comentámoslle que a celeridade veríase ao final do proceso, unha vez publicadas as listaxes definitivas.

Nesta reunión a Admón fixo entrega dunha nova proposta. A devandita proposta non é definitiva, xa que tras o debate sindical a Admón quedou en valorar a proposta que unanimemente lle facíamos as organizacións sindicais.

A PROPOSTA DA ADMÓN.:
1.- Incentivación ou recoñecemento do persoal que superou os procesos selectivos.
2.- Nesta proposta barémanse todos: aprobados, suspensos e non presentados.
3.- Unha única listaxe con dous bloques e baremada con criterios de OPE:
    a.-Nota de exame, ponderada segundo a puntuación obtida.
    b.-Experiencia profesional.
    c.-Formación.
4.- A devandita listaxe tería dous bloques:
    a.- No primeiro bloque, estaría por orde de baremación o persoal que superase o proceso selectivo.
    b.- No segundo bloque, estaría por orde de baremación o persoal que non superase o proceso selectivo e o persoal que non participase na OPE.

Esta proposta mellora a proposta presentada na reunión anterior, pero a Admón pretendía seguira diferenciar na baremación os aprobados dos suspensos. Despois do debate, a Admón aceptou pensar a proposta unánime das organizacións sindicais:

Proposta das organizacións sindicais:
Unha única lista baremada con criterios OPE: aprobados e suspensos, como se fai agora neste pacto. Cada ún tería a orde de prelación que lle corresponda segundo os méritos achegados. Pendente de que a Admón o valore.

O pacto que se negocie agora será de aplicación despois da próxima OPE; nese momento todo o persoal coñecerá previamente as regras do novo pacto.

Ademáis disto, a Admón informounos da súa pretensión de crear unha plataforma dixital para facer un rexistro de persoal onde figuren todos os méritos: experiencia profesional, formación... Nesta plataforma rexistraríase todo o persoal: fixo, interino, eventual, demandante de emprego... Os méritos aquí rexistrados utilizaríanse para todos os procesos: mobilidade interna, carreira, traslados, OPE...

A pretensión da Admón: esta é a última vez que se barema.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto