Noticias Persoal Traslados Publicacións Traslados
 
 

Publicacións Traslados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Rematada a tarefa de baremación dos méritos alegados e acreditados polos concursantes, procede aprobar a resolución provisional do concurso de traslados.

 

Categorías:

Enfermeiro/a especialista en Obstetricia-Xinecoloxía (matrón/a), fisioterapeuta, técnico/a especialista en Anatomía Patolóxica e Citoloxía, técnico/a especialista en Hixiene Bucodental, técnico/a especialista en Laboratorio de Diagnóstico Clínico, técnico/a especialista en Imaxe para Diagnóstico Clínico, técnico/ a especialista en Radioterapia, terapeuta ocupacional, calefactor/a, carpinteiro/a, celador/a, cociñeiro/a, costureiro/a, fontaneiro/a, grupo administrativo da función administrativa, grupo auxiliar da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da función administrativa, lavandeiro/a, logopeda, mecánico/a, pasador/a de ferro, perruqueiro/a, persoal de servizos xerais, pinche, técnico/a de xestión de sistemas e T.I., técnico/a especialista de sistemas e T.I., técnico/a superior de sistemas e T.I., telefonista, traballador/a social.

 

As correspondentes listaxes de adxudicación atópanse expostas nos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, así como nos diferentes centros de xestión de atención primaria e especializada e na páxina web do SERGAS.

 

Ábrese prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución provisional, para formular reclamacións contra ela ou, de ser o caso, para emendar aquelas causas de exclusión das listaxes provisionais de admitidos e excluídos que sexan susceptibles de emenda.

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto