Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria Cando outras organizacións copian das propostas da CIG despois de rexeitalas previamente
 
 

Cando outras organizacións copian das propostas da CIG despois de rexeitalas previamente

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O pasado xoves, 11 de novembro, tivo lugar en Madrid unha reunión da Comisión Negociadora do Foro Marco para o Diálgo Social.  Previa a esta reunión, na que CIG-Saúde participou con dous representantes, enviamos dous documentos de propostas resolutivas para que foran valorados no foro da comisión. O primeiro documento versaba sobre a nosa visión das actuais condicións de traballo e relacións laborais e o camiño que se debería tomar nun futuro. O segundo documento trataba sobre os recortes salariais e a limitación da taxa de reposición . Neste último documento solicitábamos da Comisión e do Foro Marco, é dicir, tanto de RR.HH. como das OO.SS. un pronunciamento público dirixido ao Ministerio de Sanidade para instar ao Goberno a que nos orzamentos do vindeiro ano corrixiran tanto os recortes salariais (mensuais e de pagas extra) como a taxa de reposición. A adhesión a este documento non se produciu, nin a Administración nin ningunha das Organizacións Sindicais presentes secundaron tal proposta, polo que quedou sobre a mesa sen aprobar.

 

A nosa sorpresa é cando lemos no diario El Médico Interactivo a seguinte noticia: UGT, CCOO, CEMSATSE y USAE esperan cerrar el lunes un documento común de protesta contra los recortes salariales y medidas como la tasa de reposición de efectivos en Sanidad. É dicir, son agora as outras OO.SS. as que preparan un documento de protesta contra os recortes e a taxa de reposición, cando non secundaron a nosa proposta do día 11 que ía no mesmo sentido.

 

Nós, desde CIG-Saúde, seguiremos a pelexar nos foros que sexa necesario para que estas medidas de recortes de salarios e de limitación da contratación sexan paralizadas e os/as traballadores/as recuperemos o que por dereito nos corresponde. Mentres tanto, outras OO.SS. seguirán a nosa estela, negarannos o apoio para dar pasos en positivo, e copiarán con posterioridade as nosas propostas. Isto si que é acción sindical!

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto