Noticias Persoal Contratacións Convocatoria extraordinaria para a categoría de matrona/matrón
 
 

Convocatoria extraordinaria para a categoría de matrona/matrón

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Recibimos a seguinte mensaxe do SERGAS:

 

O vindeiro venres 26 de novembro terá lugar a publicación nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais e centros asistenciais dependentes delas, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde, a resolución do 22 de novembro, desta Dirección de Recursos Humanos, pola que se formaliza unha convocatoria extraordinaria (Norma 6.3.2) para aspirantes a vinculacións temporais de persoal estatutario para vinculacións temporais nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde na categoría de matrona e matrón.

 

Faise constar que:

 

1.- Por tratarse dunha convocatoria extraordinaria, a baremación das persoas aspirantes se referirá única e exclusivamente á súa formación académica.

 

2.- As listaxes resultantes se confeccionarán por ámbito de área sanitaria e comprenderán, de ser o caso, a quenda normal e a quenda de promoción interna temporal.

 

3.- O prazo de presentación de solicitudes será o comprendido entre as datas do 27 de novembro e o 7 de decembro (ambas incluídas).

 

4.- Os modelos de solicitude se facilitarán nas Direccións Provinciais do Servizo Galego de Saúde, nos centros hospitalarios, nas Xerencias de Atención Primaria e na páxina web www.sergas.es.
 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto