Noticias Outras novas Outras novas CIG-Saúde demanda do SERGAS que faga un ‘bo uso’ da Inspección, se considera que hai un abuso das baixas médicas
 
 

CIG-Saúde demanda do SERGAS que faga un ‘bo uso’ da Inspección, se considera que hai un abuso das baixas médicas

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Denuncia que a administración está acusando tanto a profesionais como a doentes de recorrer ás ITs incorrectamente


 

CIG-Saúde entende que a campaña que vén de pór en marcha o SERGAS, co suposto obxectivo de sensibilizar a doentes e profesionais para que fagan un bo uso da sanidade pública, continúa na liña de responsabilizar aos profesionais que dan as baixas e aos doentes que as precisan dun hipotético “mal uso” das mesmas.

 

CIG-Saúde acláralle ao SERGAS que as baixas non se usan, senón que son un dereito das traballadoras/es que por mor de estar enfermos non poden ir ao traballo e que quen prescribe o dereito a esa prestación é a/o médica/o de familia.

 

O mal uso, de existir, no canto de evitalo con custosas campañas publicitarias, sen efectividade algunha, ten que ser corrixido con medidas de xestión e formación. Para iso, habería que dotar aos médicos de capacidade resolutiva e do tempo necesario para atender aos doentes, co que se favorecería ademais, que se acurtaran as listas de espera. Esa capacidade resolutiva sería posíbel de terse posto en marcha o Plan Mellora de Atención Primaria que este goberno se encargou de paralizar desde que comezou a lexislatura.

 

CIG-Saúde entende que no caso de que o SERGAS teña constatado que, nalgún suposto, se fixo un mal uso das baixas médicas, o que debe facer é un “bo uso” da Inspección médica, que para iso existe, en lugar destas campañas.

 

CIG-Saúde lémbralle tamén á administración que isto é o que debe facer en favor dos doentes e dos profesionais en lugar de responsabilizalos.

 

Xunto a iso, considera irónico que a administración pública galega recorra ao bilingüismo harmónico nunha campaña publicitaria dirixida ao eido sanitario, onde cada vez se utiliza menos o galego, en lugar de priorizar a nosa lingua para fomentala e, aínda máis grave, que nin sequera se preocupara de facer un “bo uso” do idioma, pasándolle un corrector lingüístico para evitar os erros na acentuación.

 

Compostela, 20 de decembro 2010.

 

 

Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.

Secretaria Nacional CIG-SAÚDE.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto