Noticias Sanidade Pública Mesas Sectoriais Información Mesa Sectorial
 
 

Información Mesa Sectorial

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Na reunión da Mesa Sectorial do 23 de decembro abordáronse os seguintes temas:

 

1.- Categorías de prevención de riscos laborais: os decretos polo que se crean as categorías estatutarias de persoal enfermeira/o especialista do traballo, e as de técnico superior e de grado medio en prevención de riscos laborais, foron aprobados unilateralmente pola Administración co voto en contra de todas as organizacións sindicais. Non recolleron as alegación de maior transcendencia para o colectivo:

a.- Establecer un sistema retributivo que permita corrixir as diferenzas salariais existentes entre os técnicos superiores e os de grao medio, xa que realizan as mesmas funcións.

b.- Convocatoria de OPE por separado das 3 especialidades.

Unha vez aprobado, co único voto da Administración, o decreto seguirá a tramitación administrativa correspondente. Sairá publicado nun prazo de 6 meses, e a convocatoria de OPE será a finais de ano.

 

2.- Elecións sindicais.

A Administración iniciou a reunión falando do calendario, cando isto é competencia exclusiva dos promotores (organizacións sindicais).  Cando conseguimos que se comezara a falar do que realmente había que falar na Mesa Sectorial, a conclusión que podemos sacar da reunión, é que as eleccións sindicais van ser por área sanitaria. Neste proceso incorporarase a área do Salnes, xa que está constituída como área sanitaria. Barbanza, Cee e Verín incorpóranse nas áreas sanitarias correspondentes, polo que os seus censos se sumarán aos dos outros centros desas áreas.

Non quixeron falar de máis temas. Aceptaron constituír a comisión central coordinadora a primeiros de xaneiro, nós marcabamos o día 11 como data desta reunión, pendente de confirmar.

 

3.- OPE- Traslados.

a.- Conclusións dos tribunais que estaban valorando o proceso de filtracións. Tribunais de: PSX, Auxiliares Administrativos, Administrativos e Enfermeiras/os. A conclusión destes tribunais, acadada por unanimidade, é “que non houbo filtracións”. Non esperabamos menos.

A pesares disto, e motivado por que non se respectou o principio de igualdade, por unha posible información privilexiada, prodúcense as seguintes situacións :

  • Están pendentes de resolver un recurso de reposición dun opositor nun dos tribunais.

  • Están valorando a posibilidade dun expediente de exclusión das listas de seleccionados doutra persoa.

O acordo dos tribunais de Auxiliares Administrativos e de PSX é non elevar as listaxes a definitivas até que non se teñan resolto os expedientes anteriormente relacionados. Isto pode atrasar os procesos nesas categorías, mais a Administración confía en que haxa celeridade e non afecte ás tomas de posesión.

 

b.- Instrucións de ceses e incorporacións: Quedaron en enviar un novo texto. Aceptan a maioría das alegacións das OOSS. Non aceptan das nosas alegacións o disfrute das vacacións no centro de destino. Enviarán o documento do plan de acollida.

 

c.-Cronograma: enviarano por correo electrónico. Queren ter rematado o proceso a finais de febreiro para que as incorporacións se poidan realizar en marzo.

O tribunal de enfermaría pode sufrir algún retraso, motivado por que antes o tribunal non participaba na resolución das reclamacións e agora vai participar, e non teñen moita experiencia, despois do cambio de membros do mesmo.

 

d.- Renuncias Traslados:

Preguntamos se estaban a permitir as renuncias aos traslados despois da publicación dos destinos provisionais, confirmáronnos que si, e que xa se fixera nos procesos selectivos anteriores, Segundo eles, isto permítese por que hai lexislación que o regula. Como CIG-SAÚDE estando dacordo que hai lexislación que o permite por conciliación familiar, ou pola normativa que rexe estes procesos noutras CCAA, mais o certo é que na convocatoria SERGAS non está permitido renunciar coa publicación provisoria das lista. Denunciamos que isto se permite incumprindo a convocatoria. Hai que avisar de que se alguén quer que presente a renuncia.

 

e.-Incorporación efectiva. Posible cambio de criterio da Administración : “o persoal que ven desempeñando un posto de supervisora poderá seguir nel sen incorporarse ao novo destino”. Agora a Administración dí que isto é posible, comunicarannos o seu criterio.

 

4.-Elección de destinos OPE Psiquiatría.

Quedaron en enviar a relación de prazas a convocar do proceso 2006 e do 2008. Na documentación que remitiron, e que será publicada en DOG, hai un modelo de solicitude para que o persoal poida solicitar as prazas por orde de preferencia. O persoal que ten aprobada as dúas OPEs elixirá a praza que mais lle interese da dúas listaxes 2006-08, o programa informático adxudicara a praza por orde de preferencia e de puntuación. A praza que deixe libre dunha ou outra convocatoria, será adxudicada ao seguinte en puntuación da convocatoria correspondente. O que teña unha soa OPE aprobada elixira na convocatoria correspondente.

Solicitamos que se publique o listado de adxudicación que realiza o programa informático, cos seguintes datos: nome e apelidos, puntuación, se a praza é da convocatoria 2006 ou 2008, destino.

 

5.- Regularización das nóminas ao persoal das fundacións.

Esta regularización está pendente desde a integración. A regularización supón que hai persoal que vai a percibir atrasos e outro persoal que ten liquidacións negativas, xa que percibían complementos persoais individualizados, superiores a súa categoría profesional- “polos servizos prestados”.

 

Como CIG-SAÚDE solicitamos que non se procedera aos descontos de 3 enfermeiras de Barbanza que estiveron en período de excedencia maternal. Isto xa estaba acordado. Pendente de confirmar. A Administración informounos tamén de que tamén ían a proceder a abonar os trienios adebedados a interinos/as.

 

Outros temas que plantexamos como CIG-SAÚDE.

 

Agradecémoslle, unha vez máis, á Administración a súa consideración coa M.S, xa nos teñen acostumadas/os a ocultarnos a información, pero cada día se superan máis.

a.- Lei de acompañamento dos orzamentos. A devandita Lei recolle no seu articulado : “ Tipos de procedemento: solicitudes, reclamacións ou recursos en materia de persoal, con contido retributivo, formulados polos profesionais do SERGAS, que teñan repercusión no capítulo I dos estados de gastados orzamentos das institucións sanitarias do organismo”. SENTIDO DO SILENCIO NEGATIVO” . Denunciamos que en vez de incorporar esta modificación na lei de orzamentos, se melloraran a xestión evitaría que o persoal tivese que presentar reclamación, e non dar o silencio como negativo. Editaremos un panfleto informativo sobre este tema.

 

b.- Peonadas. Denunciamos o que xa publicamos na web. Comprometéronse en incluír este tema nunha próxima reunión.

 

c.- Taxa de reposicióndo 10%. Preguntamos se o parlamento de Galiza aprobara a súa emenda, dixéronnos que si, non nos pasaron o texto. Principalmente, ou en exclusiva, o texto recolle que para o persoal facultativo non sexa de aplicación a taxa de reposición do 10%. A Administración comentounos que o Director de Función Pública lles comunicara que en Madrid lle dixeran que superar a taxa do 10% era ilegal, aínda que só fose para facultativos, e por moi ben razoada que estívese a emenda .

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto