Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria Ante a inocentada do Consello Galego de Saúde, SOS Sanidade Pública reacciona.
 
 

Ante a inocentada do Consello Galego de Saúde, SOS Sanidade Pública reacciona.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Nova extraida da web de SOS-Sanidade Pública.

 

A Consellaría de Sanidade convocou este día 28 de decembro ao Consello Galego de Saúde. Semella a última inocentada deste ano da Consellaría coa cidadanía galega. Durante esta reunión do Consello Galego de Saúde, membros de todas as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública concentráronse diante do edificio no que tiña lugar. Mentres, dentro, representantes das organizacións adheridas a SOS-Sanidade Pública, ao pouco de comezar o acto, deron lectura ao manifesto redactado ao efecto mentres portaban cartaces co lema "SOS-Sanidade Pública. Contra a privatización da Sanidade Pública". Tras a lectura do mesmo, retiráronse da reunión para unirse ás persoas que se atopaban concentradas diante do edificio.


cgs



consello



A Plataforma denuncia a privatización sanitaria e declárase en rebeldía fronte ás políticas da Xunta de Galiza. Núñez Feijoo e a política sanitaria deste Goberno son a maior ameaza ao sistema sanitario público desde a súa creación.

 

   


A nova na Voz de Galicia
 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto