Noticias Outras novas Outras novas Orzamentos da Xunta 2011: limitacións que prexudican a saúde
 
 

Orzamentos da Xunta 2011: limitacións que prexudican a saúde

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Na Lei de Orzamentos de Galiza para o ano 2011, publicada o pasado día 30 de decembro, introdúcese a limitación da taxa de reposición do 10%, e realízase tamén algunha excepción:

 

Artigo 29º.-Oferta de emprego público ou outro instrumentosimilar de xestión da provisión de necesidades de persoal para o ano 2011.

Un.-(...) Non se tomará en consideración para os efectos da dita limitación (do 10% da taxa de reposición) a creación de prazas que deriven de sentenzas declaratorias de relacións laborais de carácter indefinido, que quedarán incorporadas á oferta pública de emprego, agás que se decida a súa amortización. Tampouco se considerarán as substitucións das xubilacións incentivadas na disposición transitoria segunda da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, na Consellería de Educación, cando afecten a prestación de servizos docentes, nin as prazas de persoal licenciado sanitario e diplomado sanitario con título de especialista dos centros asistenciais do Servizo Galego de Saúde. (...) 

 

* Exceptúanse as creacións de prazas que deriven de sentenzas declaratorias de relacións laborais de carácter indefinido, isto é, aquelas asistencias técnicas (para que nos entendamos, postos a dedo) que no seu momento recurriron e gañaron a praza por sentenza.

 

* Exceptúanse as substitucións das xubilacións incentivadas en Educación, co fin de garantir a cobertura das prazas docentes.

 

* Exceptúanse tamén as prazas de persoal licenciado sanitario e diplomado sanitario especialista dos centros asistencias do SERGAS, o cal nos congratula, mais tendo en conta que os equipos asistenciais en sanidade non se compoñen só de licenciados e diplomados especialistas, estaría moitísimo mellor que esta excepción se fixera extensible ao resto de categorías.

 

En resumo, aplícase unha taxa de resposición do 10%, excepto para as asistencias técnicas que gañaron por sentenza a praza, para as substitucións das xubilacións en Educación e en Sanidade, onde tén que garantirse a continuidade asistencial, só se exceptúan desa taxa de reposición as prazas de licenciados e diplomados especialistas. Desde CIG-Saúde preguntámonos, se para o resto de categorías se vai aplicar a taxa de reposición do 10%, qué OPE se vai convocar? Qué número de prazas podemos esperar que se convoquen??? En qué condicións imos traballar se só se cubre o 10% das ausencias nesas categorías, e o crecemento do cadro de persoal foi de 0% durante o ano 2010, e no ano 2009 o SERGAS non cubriu as vacantes xa orzamentadas nese ano? Qué oferta de emprego vai convocar o SERGAS, so o 10% das vacantes que non creou?

 

Tamén lamentamos profundamente que desde o PP e o PSOE, no goberno da Xunta e no goberno do Estado, non se tivera en conta a nosa petición reiterada de retirada desta limitación da taxa de reposición. En diversas ocasións (que poden ser consultadas nesta mesma web: 22 setembro, 25 outubro, 29 outubro) denunciamos que esta medida provocaría importantes prexuizos para a calidade da asistencia sanitaria, ademáis de ser un máis dos indicios que confirman a política privatizadora da sanidade dos gobernos PP e PSOE.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto