Noticias Outras novas Outras novas Pola liberdade de colexiación dos profesionais sanitarios
 
 

Pola liberdade de colexiación dos profesionais sanitarios

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O Tribunal Constitucional declarou a suspensión cautelar da Lei 1/2010 de Colexiación Obrigatoria da Xunta de Galicia. Agora é preciso que o goberno central note que somos moitísimos/as os/as profesionais sanitarios/as que reclamamos que no desenvolvemento da Lei Ómnibus, que proximamente realizará o Parlamento Español, se inclúa a Colexiación Voluntaria.

 

A suspensión cautelar da Lei 1/2010 que ven de establecer o Tribunal Constitucional, a instancias do Ministerio de Economía e Facenda do Goberno Central, implica que no momento actual a colexiación é voluntaria. A Lei 1/2010 aprobada polo parlamento galego a instancias da actual Xunta de Galicia, a principios de 2010, rematou coa liberdade de colexiación que existía con anterioridade, malia que os Colexios se empeñaran en negar esa realidade. Deste xeito, durante o ano 2010 e até agora, os/as licenciados/as e diplomados/as que facíamos asistencia sanitaria directa, estabamos obrigados/as por lei a pertencer ao correspondente colexio profesional.


A situación actual, de liberdade de colexiación, é moi inestábel, pois en pouco tempo o Parlamento Español abordará o desenvolvemento da chamada Lei Ómnibus (A Lei 25/2009, BOE do 23 de decembro de 2009, transposición da Directiva Europea 2006/123/CE), onde se establecerá definitivamente o carácter voluntario ou obrigatorio da colexiación. No goberno central as posicións están divididas e, desgraciadamente, teñen un peso considerábel opinións, como a da Ministra de Sanidade, que defenden abertamente a colexiación obrigatoria.

 

CIG‐Saúde non se opón a existencia dos colexios profesionais, senón que defende que a colexiación ten que ser voluntaria. Parécenos aceptábel que grupos de profesionais consideren que é bo aglutinarse ao redor dun órgano corporativo, como é un colexio profesional, na procura dun mellor desenvolvemento e defensa dos intereses e valores da súa profesión. Máis esiximos que a pertenza a tal órgano corporativo sexa voluntaria, pois unha organización deste tipo, se a pertenza a ela é obrigada, forma parte dun modelo social, profesional e laboral que xa non ten nada que ver coa realidade actual.

 

Nesta situación, CIG‐Saúde considera que ten que facerse notorio o clamor dos miles de profesionais licenciados/as e diplomados/as que esiximos a liberdade de colexiación e, ente outras iniciativas, e en concordancia con iniciativas similares que están xurdido en Galiza e noutras zonas do estado, pedímoslles aos/ás profesionais que envíen correos electrónicos, reclamando a liberdade de colexiación, aos enderezos abaixo indicados.

 

Ministerio de Economía e Facenda: sugerencias.portal@meh.es
Ministerio de Sanidade‐PSI: oiac@mspsi.es

 

Alén do texto reclamando a liberdade de colexiación, no correo electrónico deben figurar o Nome, o DI e a Profesión.

 

Descarga e difunde .

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto