Noticias Sanidade Privada Novas sobre a Sanidade Privada Resposta da Xerenta do SERGAS sobre Povisa
 
 

Resposta da Xerenta do SERGAS sobre Povisa

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Chéganos a seguinte resposta da Xerenta do SERGAS ante o requerimento urxente que lle fixemos sobre a situación de Povisa e do seu persoal:

 

Bo dia :

En relación co interese amosado polas organización sindicais sobre a situación da negociación do Servizo Galego de Saúde co Policlínico de Vigo SA; POVISA, resulta oportuno facer as seguintes consideracións:


O proceso negociador do novo concerto sanitario con POVISA continua aberto, e como non poderia ser doutra forma , existe toda a vontade e confianza do Servizo Galego de Saúde por chegar a acordo en datas próximas. Na actualidade e, durante o tempo que dure o proceso de negociación, o contrato con Povisa atópase prorrogado por razóns de interese público e responsabilidade. Cómpre manifestar tamén, que POVISA nunca trasladou a este organismo ter dificultades para o abono da nómina dos seus empregados. A última comunicación que recibimos de Povisa foi o día 28 de febreiro de 2011 , e nela non se facía ningunha referencia a esta cuestión.


Por último, confirmar que o Servizo Galego de Saúde xa realizou as transferencias a POVISA, polo que calquera demora ou dificultade para o aboamento da nómina aos traballadores desta empresa, non poderá ser imputable ao Servizo Galego de Saúde.


Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2011
Servizo Galego de Saúde.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto