Noticias Persoal Contratacións Concentración Pacto de Contratacións
 
 

Concentración Pacto de Contratacións

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O próximo día 15 de marzo celebrarase unha reunión de negociación do Pacto de Contratacións, que será, seguramente, das últimas reunións para tratar este aspecto. En CIG-Saúde sempre nos pareceu importante que as persoas aspirantes das listas de contratación estiveran informadas tando da negociación do pacto como de cómo lles afectan as modificacións que se producen e cales son os nosos posicionamentos, tanto propostas nosas, como posturas ante as propostas da Administración. Por este motivo elaboramos un folleto explicativo , que vos deixamos aqui para que descarguedes e difundades. Como veredes, hai certos puntos que a CIG-Saúde lle parecen de suma importancia, que pensamos que deberían ser reflexados no pacto, e de momento non están, o cal nos preocupa e nos fará plantexar, no seu momento, se asinamos ou non o texto do novo pacto de contratacións.

 

Mais desde CIG-Saúde tamén vemos con preocupación cómo cada día se contrata menos. Desde a chegada ao goberno do PP e a súa "austeridade" mal entendida, as ofertas de contratación diminuiron nunha boa porcentaxe, ademais de ver como se conxelaron cadros de persoal e non se dotan presupostariamente vacantes que son totalmente necesarias. Actualmente apenas se cubren ausencias, e se se fai é a través de persoal dos propios servizos, moitas veces baixo presión. Ademais, estase abusando dos contratos de acúmulo de tarefas, posto que lles son máis "manexables",  para cubrir ausencias longas, ou ben, encadéanse contratos de Pool en lugar de facer contratos máis longos.

As persoas aspirantes nas listas de contratacións ven como, inda levando moito tempo anotadas nas listas, éstas apenas se moven.

 

Non podemos quedar de brazos cruzados mirando. Temos que actuar.

 

Por estes motivos, CIG-Saúde convoca unha concentración diante do edifico do SERGAS, en San Lázaro (Santiago de Compostela) o próximo día 15 de marzo ás 11 hs coincidindo coa reunión de negociación de pacto, para denunciar a política rácana de contratacións desta consellería e para esixir un pacto de contratacións para tod@s e que sirva para algo.

 

Lembra:

Martes 15 de marzo.

Ás 11 hs.

Diante do Edificio do SERGAS (San Lázaro - Santiago)

 

 

Descarga e difunde:

 

Folleto explicativo da negociación de Pacto de Contratacións.

 

Cartaz anuncio da Concentración día 15.

 

 

pacto


 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto