Noticias Persoal OPE Información OPE
 
 

Información OPE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Recibimos a seguinte mensaxe do SERGAS:

 

Xúntase para a vosa información a Resolución pola que se declara rematado o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías , se nomean os/as aspirantes seleccionados/as como persoal estatutario fixo, se lles adxudica con carácter de destino definitivo a praza correspondente e se concreta o prazo posesorio.

 

Trátase das categorías de albanel, calefactor/a, cociñeiro/a, costureiro/a, enfermeiro/a especialista en saúde mental, grupo técnico da función administrativa, logopeda, perruqueiro/a, técnico/a especialista en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información e traballador/a social.

 

No día de hoxe foi remitido para o DOG co que a súa publicación é inminente.

 

Polo tanto, o prazo de toma de posesión empezará, segundo o que figura na resolución, o día 15 de marzo, e será dun mes para a xente que se incorpora por ter acadado praza na OPE. Para o caso da xente que se incorpora procedente de concurso de traslados, os prazos posesorios dependerán do centro de procedencia (se está na mesma área ou non, ou se é doutro servizo de saúde).

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto