Noticias Persoal OPE Publicacións OPE
 
 

Publicacións OPE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícanse hoxe as seguintes resolucións que afectan a OPE:

 

* Resolución do 3 de marzo de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se declara rematado o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde (albanel, calefactor/a, cociñeiro/a, costureiro/a, enfermeiro/a especialista en saúde mental, grupo técnico da función administrativa, logopeda, perruqueiro/a, técnico/a especialista en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da información e traballador/a social), se nomean os/as aspirantes seleccionados/as como persoal estatutario fixo, se lles adxudica con carácter de destino definitivo a praza correspondente e se concreta o prazo posesorio dos/das participantes nas categorías correspondentes do concurso de traslados. O prazo de toma de posesión empeza o día 15 de marzo.

 

* Resolución do 7 de marzo de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se aproba a relación de prazas que se ofrecen e se citan para o acto de elección de destino os aspirantes seleccionados no proceso selectivo para o ingreso na categoría de celador/a de persoal estatutario. O acto de elección de destino celebrarase no edificio administrativo do Servizo Galego de Saúde, sito en San Lázaro s/n, de Santiago de Compostela, o día 15 de marzo de 2011 ás 16.30 horas (quenda de promoción interna e aspirantes cuxa puntuación total sexa superior a 68,000 puntos) e ás 18.00 horas (o resto dos aspirantes cuxa puntuación total sexa inferior a 67,999 puntos).

 

 

Desde o SERGAS ademais informan o seguinte:


Respecto ao 6º acto de elección (carpinteiro, mecánico, electricista, fisioterapeuta, enxeñeiro técnico e fontaneiro) prevese que tanto a publicación na web como a oficial no DOG teña lugar a próxima semana.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto