Noticias Persoal OPE Sobre o atraso das incorporacións de OPE e Traslados e as Eleccións Sindicais
 
 

Sobre o atraso das incorporacións de OPE e Traslados e as Eleccións Sindicais

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Dende CIG-Saúde queremos denunciar o confusionismo que o SERGAS está creando ao respecto da incorporación das persoas que aprobaron a oposición e que acadaron praza no concurso de traslados.

 

O Sergas plantexa que en determinadas categorías o atraso que se está producindo é debido ás ELECCIÓNS SINDICAIS que se van a celebrar no mes de maio.

 

CIG-Saúde DESMINTE de xeito categórico que as Eleccións Sindicais incidan de maneira ningunha no proceso de incorporación das persoas que acadaron praza na oposición ou nos traslados.

 

Lembramoslle ao Sergas que xa daban datas de incorporación nos últimos meses do ano 2010, e que sucesivamente foron incrementando ditos prazos por motivos que non teñen nada que ver coas Eleccións Sindicais, máis ben terían que ver con movementos internos dos responsables que levaban a organización do proceso.

 

Dende CIG-Saúde facemoslle un chamamento ao SERGAS para que non volva a vincular atrasos con Eleccións Sindicais, e aproveitamos para esixirlles unha pronta resolución dos procesos pendentes, que saquen as persoas que están esperando un destino da dúbida permanente á que están sometidos.

 

Tamén lle solicitamos a publicación OFICIAL dun calendario coas datas previstas de incorporación tanto de Oposición como de Traslados, datas que acalen os rumores permanentes que se xeran.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto