Noticias Persoal OPE OPE: información importante
 
 

OPE: información importante

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Recibimos nova información do SERGAS. Pola súa importancia, pegámosvos debaixo o contido da nota informativa que anexan:

 


Xunto remito nota informativa da dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde sobre a materia do asunto. Seguindo o correo de onte, aproveito para comunicarvos que xa hai novas listaxes dispoñibles na páxina web.

 


NOTA INFORMATIVA SOBRE ELECCIÓN DE DESTINOS:

 

A fin de disipar calquera rumor ou dúbida existente, resulta conveniente informarvos de que as previsións manexadas por esta dirección de Recursos Humanos céntranse no mes de marzo para realizar todos os actos de elección de destino das categorías menos voluminosas e das moi numerosas categorías de auxiliar de enfermería e médico de familia.


No que atinxe ao persoal DUE, PSX e auxiliares administrativos, é mester ter en conta que o prazo de interposición de recurso administrativo concluiu recentemente para estas categorías. Entre o remate do prazo e a recepción de todos os recursos é habitual deixar un tempo breve pero razoable, pois antes de chegar a este centro directivo circulan, case sempre, por outro rexistro previo.


Estamos imprimindo a máxima celeridade posible á súa resolución pero, como digo, aínda non chegaron todolos recursos, e temos moi presente que unha resolución pode alterar a lista definitiva, de aí a importancia e o noso interese de resolver a totalidade dos recursos administrativos antes dos actos de elección de destino.


Con todo, estimamos que os actos de elección rematen na primeira quincena de abril.


A salvo de imprevistos, na primeira quincena de maio haberán de estar rematadas as tomas de posesión de todas as categorías e, xa que logo, concluidos tanto o proceso selectivo como o de mobilidade voluntaria.


En Santiago a 16 de marzo de 2011

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto