Noticias Persoal OPE Variación nas prazas ofertadas a TCAE
 
 

Variación nas prazas ofertadas a TCAE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Despois de diversas conversacións telefónicas co SERGAS no día de onte e esta mañá sobre o mal axustada que estaba a oferta de prazas de TCAE (posto que nalgunhas comarcas se ofertaban moitas máis prazas que aprobad@s había, caso do Barco, e noutras, como Santiago, ofertábanse moitas menos das que poderían ofertar, habendo máis xente aprobada nesas áreas) parece que o SERGAS rectifica.

 

Este é o cadro de prazas que figura colgado na páxina web do SERGAS esta tarde:

 

prazas_tcae

 

 

Como se pode observar, houbo algún cambio no reparto de prazas ofertadas.

 

Actualización 24/3/11: O SERGAS remite unha mensaxe aclaratoria sobre este tema:

Sobre as prazas ofertadas para os aprobados da OPE de TCAE produciuse unha variación con respecto as remitidas ao DOG, polo que se aumentan as prazas a ofertar no CHUS (99) e diminúen no BARCO (18). Estes cambios aparecerán como corrección de erros no DOG do venres.

Corrección de erros publicada o 25 de marzo.

 

Non houbo, porén, variacións na oferta de Lugo, onde parece ser que saen 10 prazas que antes non sairon ofertadas a traslados, dándose a situación de que houbo xente desta categoría que tivo que quedar sen poder trasladarse a Lugo por non haber suficientes prazas e agora ven como algunha xente que aprobou a OPE en curso si que vai poder coller a praza alí. CIG-Saúde xa se puxo en contacto con Recursos Humanos para denunciar esta situación.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto