Noticias Outras novas Outras novas A aplicación perversa da Reforma Laboral chega ás Administracións Públicas a través das ETTs
 
 

A aplicación perversa da Reforma Laboral chega ás Administracións Públicas a través das ETTs

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A primeira medida que entrará en vigor este ano é a “Contratación de servizos mediante as empresas de traballo temporal”. É dicir, xa está aquí a privatización dos postos de traballo, o desmantelamento progresivo dos servizos públicos, e consolídanse as agresións ás condicións laborais das/os traballadoras/es.

Nas folgas xerais convocadas pola CIG en setembro de 2010 e febreiro de 2011, a nosa organización sindical xa anunciaba que o peor da reforma laboral era o que estaba por vir; e así aconteceu: Na reunión da Mesa Xeral da Función Pública celebrada en Madrid o día 14 de marzo, a Administración presentou ás organización sindicais o Proxecto de Real Decreto polo que se regula  na Administración pública a contratación de traballadoras/es a través das empresas  de traballo temporal.

A reforma laboral (apoiada por UGT e CCOO) recolle que a partires do 1 de abril de 2011, se levanta a prohibición, existente até agora, de que a Administración pública poida contratar as/os traballadoras mediante as empresas de traballo temporal (ETTS). A partires desta data a Administración, co beneplácito destas organizacións sindicais, está eliminando o acceso regrado ao emprego público. Acábase a selección temporal e definitiva, todo será contratado mediante ETTS.

O proxecto de Decreto é confuso, di que non se poderá contratar mediante este sistema a traballadoras/es para realizar tarefas que, por una norma con rango de Lei, estean reservadas á/aos funcionarias/os.  De que postos estamos a falar?

Si poderán ser contratados mediante ETTs os postos de persoal laboral. Se isto o trasladamos ao ámbito estatutario, que quere dicir? que si que se poderá contratar por este sistema ao persoal non sanitario ou chamado no eido laboral persoal de oficios.

A única xustificación que é válida para contratar este servizo é:

Cando o volume de traballo non poida ser atendido con suficiencia  polo persoal propio, e sempre  que non sexa posíbel solucionar esta necesidade a través de procedementos de mobilidade dos Recursos Humanos.

ONDE ESTÁ A TRAMPA?  Quen vai saír beneficiado con este sistema?

As empresas de traballo temporal non son ONGs, como calquera empresa miden os seus resultados polos beneficios obtidos.

A Lexislación di que as empresas de traballo temporal non poden cobrar ningunha cantidade aos/ás traballadores/as polos servizos prestados, que o prezo do servizo xa vai incluído no contrato mercantil que asinan coa Administración. Aínda que, parece, ás veces isto non é así.

Se as/os traballadoras/es teñen que ser retribuídos polo que marca o convenio laboral, e a Administración ten que pagar os servizos da ETTs, isto vai producir un encarecemento dos servizos. Cunha consecuencia, ao/á traballador/a aplicaráselle o convenio máis precario, e as ETTs levarán o correspondente lucro.

De futuro, por desenvolvementos posteriores, isto poderá ser ampliado a outros colectivos: tamén poderán ser contratados os colectivos sanitarios, non nos deixemos enganar.

A PricewaterhouseCoopers S.L,  empresa de auditoría e consultaría, da que a Consellaría de Sanidade utiliza os seus informes como folla de ruta para impoñer no SERGAS a súa política privatizadora: “FACER MÁIS CON MENOS” recolle un apartado específico de “Un momento de oportunidade para a colaboración público-privada”

“O potencial de aforro nos proxectos de colaboración público privado aumenta na medida na que se inclúan neste modelo máis ámbitos ou servizos. Así, conseguiranse maiores aforros nos modelos que incluían infraestruturas, servizos clínicos…”


Isto tamén vai contigo. Defende o teu posto de traballo. Defende o sistema sanitario público.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto