Inicio
 
 

Información Mesa Sectorial 29 de marzo

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFORMACIÓN REUNIÓN MESA SECTORIAL 29 DE MARZO DE 2011.

1.- Pacto de contratacións. Onte asinouse o pacto de contratacións e a acta de fin de negociación. Asinaron todas as OOSS, agás CSIF e SATSE, que quedaron en pronunciarse.

 

2.- Orde de reavaliación das xefaturas. Abriron un novo prazo de 10 días para enviar alegacións. Na mesa como CIG-Saúde presentamos as seguintes:

a.- Que se convoquen as xefaturas pendentes de convocar. O artigo 43 do decreto 206 recolle que o período máximo de cobertura provisoria é de un ano.

b.- Que se valore a dedicación exclusiva con 40 puntos, artigo 9 da orde de 24 de maio.

c.- Que se controle o compromiso de dedicación exclusiva, xa que o incumprimento deste compromiso implica a perda do posto de xefatura (artigo 9 da orde). Aínda que xa sabemos que para este goberno a dedicación exclusiva non é un mérito, para a CIG-SAÚDE a exclusividade é un requisito, xa que ten un peso moi importante no resultado da actividade.

d.- Comisión avaliadora: formación do persoal, axencia avaliadora con persoal propio do SERGAS .

 

3.- Plan de acollida das/os profesionais. Presentáronnos o que será o Plan de Acollida xeral do SERGAS para novos/as profesionais. Vai haber un apartado específico na intranet para esta cuestión. Cada xerencia elaborará un plan de acollida interno que será enviado a servizos centrais para a súa validación e con posterioridade colgarase na intranet.

O SERGAS enviaranos o procedemento xeral para que no prazo de 10 días enviemos as oportunas alegacións. Desde CIG-Saúde repetimos a nosa alegación de que se publique o traballo feito sobre a carteira de servizos de enfermaría Atención Primaria. Consultarano con Asistencia Sanitaria.

 

4.- Temas varios.

4.1.- Plataforma loxística. A información foi facilitada polo Director de Recursos Económicos do SERGAS. Segundo el, a maior parte dos centros xa teñen unha parte externalizada. No sistema hai na actualidade 20 mini-centrais loxísticas.

Neste momento están na fase de recollida de información de datos, para con posterioridade publicar o concurso. A nova plataforma loxística entrará en vigor 5 ou 6 con posterioridade á adxudicación do concurso. A Directora de RRHH comenta que é precipitado falar do persoal, pois aínda non teñen tomada ningunha decisión. O que si quedou claro é que desapareceran dos centros os almacenes centralizados.

Como CIG-SAÚDE presentamos as seguintes alegación:

a.- Manter o servizo de suministros dentro do SERGAS como servizo público

b.- A privatización está a provocar a compra de material sen control da calidade do mesmo. Só se ten en conta o custe, e non a calidade.

c.- As cadeas de suministros privadas traballan con STOCK cero, isto conleva que o material está tan tasado que á menor incidencia se quedan sen material. Debe haber un mínimo de stock.

4.2.- Contratacións temporais. Denunciamos a falta de cobertura e a precariedade coa que se está contratando. Segundo a Administración este tema hai que resolvelo nas comisións de centro. Lembrámoslle que o uso fraudulento na contratación tamén é responsabilidade súa.

Desde CIG-Saúde solicitamos:

a.-Que se negocie unha nova orde de vínculos que inclúa a todas as categorías.

b.-Que se diten as instrucións pertinentes, lembrándolles aos centros que os contratos de servizos determinados teñen que ser ofertados con criterio de 1º de lista.

c.- Que se convoque a comisión de seguimento de primaria para abordar a contratación neste nivel de asistencia, xa que están a incumprir o recollido nos acordos de Atención Primaria. A directora pensaba que os acordos de contratación de primaria estaban englobados no Plan Mellora; e este plan dálles urticaria. Quedaron en convocar.

4.3.-  Taxa de reposición. Como sabedes, a Lei de Orzamentos de Galiza conten unha exección á taxa de reposición do 10% para o persoal facultativo e para o persoal de enfermaría especialista. Agora acaban de recibir unha comunicación da Administración Xeral do Estado na que lle recordan que esta medida pode ser unha extralimitación competencial da normativa galega, que daría lugar á interposición dun recurso de inconstitucionalidade.

Como CIG-SAÚDE repetimos a nosa argumentación sobre a devandita taxa. Solicitamos da Administración que manteñan a súa postura, o Parlamento Galego é soberano, e no seu día o goberno central non  impugnou a Lei. A Administración está pendente do que se está a facer con outras CCAA.

4.4 .- Situación actual da OPE. Solicitamos que se nos informase de todo o proceso pendente: tomas de posesión, publicación de prazas das categorías pendentes, elección de destino....

A directora de RRHH segue a dicir que o proceso estará rematado o 15 de maio, con todo o persoal xa incorporado.

Persoal de xestión: están a analizar as prazas para a elección de destino de OPE, din que aínda non teñen tomada unha decisión.

Enfermaría: elección de destino na 1ª quincena de abril,  prazas en breve.

Auxiliares Administrativos. Nesta categoría están a analizar de  onde van sacar as prazas, xa que no concurso de traslados veu moita xente de fora, non teñen todas estas prazas creadas. Isto retrasa a publicación das prazas desta categoría.

Categorías Pendentes de RECURSOS: TER, lavadoras-pranchadoras. As prazas de radioterapia sairán coa convocatoria de TER.

Desde CIG-Saúde solicitamos que ao persoal interino que está transferido da Deputación de Lugo se lles apliquen os criterios de ceses recollidos no 206. A Administración di que este persoal non vai a entrar en criterios de ceses.

Tamén solicitamos que se apliquen os criterios de cesamento ao persoal que teña un vínculo de servizo determinado, por ser este un contrato de longa duración. Artigo 39-2 decreto 206. Quedaron en pensalo.

Ademais solicitamos que se regule a situación das TCAEs  de Lugo que quedaron sen poderse trasladar, posto que agora a Administración oferta prazas a OPE que non sairon antes a traslados. Din que este tema se trate na comisión de centro de Lugo.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto