Noticias Persoal OPE Publicación DOG sobre OPE e Traslados
 
 

Publicación DOG sobre OPE e Traslados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícase hoxe en DOG a seguinte:

 

Resolución do 24 de marzo de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se declara rematado o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías (carpinteiro/a, electricista, enxeñeiro/a técnico, fisioterapeuta, fontaneiro/a e mecánico/a) de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, se nomean os/as aspirantes seleccionados/as como persoal estatutario fixo, se lles adxudica con carácter de destino definitivo a praza correspondente e se concreta o prazo posesorio dos/das participantes na categoría correspondente do concurso de traslados.

 

Como comentabamos nunha información anterior, o cómputo dos prazos dos ceses para os participantes con destino definitivo adxudicado no concurso de traslados iniciarase o día 5 de abril de 2011.

No caso de que a adxudicación da praza supoña o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes e iniciarase o día 5 de abril de 2011.


Para os/as aspirantes do proceso selectivo nomeados/as nesta resolución o cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase o día 7 de abril de 2011 e disporán do prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada.
A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao que pertenza esta. A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo. Non entanto, en casos de forza maior, e a instancia do interesado/a, a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión.
 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto