Noticias Persoal OPE OPE destinos definitivos
 
 

OPE destinos definitivos

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

CIG-SAÚDE INFORMA

 

Resolución do 19 de abril de 2011, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se declara rematado o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías (grupo de xestión da función administrativa, lavandeiro/a e pasador/a de ferro) de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, se nomean os/as aspirantes seleccionados/as como persoal estatutario fixo, se lles adxudica con carácter de destino definitivo a praza correspondente e se concreta o prazo posesorio dos/das participantes na categoría correspondente do concurso de traslados

O cómputo dos prazos dos cesamentos para os participantes con destino definitivo adxudicado no concurso de traslados iniciarase o día 27 de abril de 2011, conforme o disposto na base oitava da Resolución do 22 de xullo de 2010 (DOG nº 143, do 28 de xullo) pola que se convoca o concurso de traslados. No caso de que a adxudicación da praza supoña o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes e iniciarase o día 27 de abril de 2011.

Para os/as aspirantes do proceso selectivo nomeados/as nesta resolución o cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase o día 29 de abril de 2011 e disporán do prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión a que pertenza esta. A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo. No entanto, en casos de forza maior, e por instancia do/a interesado/a, a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión.

Respecto ao persoal con medidas de protección por razón de saúde no centro de orixe, os prazos xerais establecidos nos puntos anteriores poderán ser prorrogados cando as condicións da prestación do posto adxudicado poidan ser contrarias ás ditas medidas de protección. Nestes supostos atenderase aos termos da resolución que se dite en función das características de cada caso. 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto