Noticias Persoal Contratacións Sinatura Pacto Contratacións
 
 

Sinatura Pacto Contratacións

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

Comunicado de prensa

 

Hoxe día 26 de abril de 2011, está previsto realizar o acto formal de sinatura do Pacto de selección temporal do persoal estatutario. O devandito pacto é unha nova edición do primeiro pacto negociado no ano 1994.

Durante este tempo as organización sindicais con representación na mesa sectorial fomos negociando diversos pactos que introducían melloras sobre os anteriores , e que permitían que a selección de aspirantes se fixera con maior rigor e transparencia.

O pacto que asinamos hoxe supón unha mellora importante na selección temporal con referencia ao anterior que data do 2004; a nosa sinatura ven motivada por que este documento foi ratificado polas/os traballadoras/es nas asembleas realizadas.

Entre as melloras que se producen debemos subliñar a unificación de baremos; a partires de agora haberá un único baremo para a selección fixa e definitiva.  E outra novidade importante é a posta en funcionamento dunha plataforma informática que eliminará a burocracia existente, e a eliminación da baremación  manual que dilataba os procesos de xeito inadmisible.

 

Pero como se recolle na acta final de negociación este proceso non estará rematado até que no último trimestre deste ano completemos a negociación  do pacto, queda pendente de negociar:

a.-A selección temporal do persoal facultativo hospitalario, pendente desde o acordo de estabilidade.

b.- A selección do  Persoal Funcionario  da Escala de Saúde Pública e Administración Sanitaria da Lei 17/ 1998..

c.- A orde de vínculos que permita adaptar a contratación á normativa vixente

 

Para a CIG-SAÚDE a sinatura deste pacto non supón en ningún caso o aval á política de contratación  que está a facer a Consellaría de Sanidade. O pacto de selección temporal o único que fai é ordenar ao persoal aspirante mediante a aplicación dun baremo.

A CIG-SAÚDE segue a denunciar os recortes que esta Consellaría está a facer en materia de contratación, non cubrindo as ausencias do persoal, nin as prazas que xeran vacantes. Así mesmo queremos por de manifesto a volta atrás que se está a producir na contratación que se está a facer ao persoal, implantando unha situación de precaridade laboral que en épocas anteriores fomentou a marcha de profesionais a outras zonas fora de Galiza.

 

Seguiremos a demandar da Administración que se contrate pola causa que motivou a contratación, que se eliminen os contratos por día; en definitiva que se dea estabilidade ao persoal contratado, que afloren as prazas vacantes e que estas poidan ser convocadas na próxima oferta de emprego público para que o persoal conquira a estabilidade definitiva.

 

 

Compostela, 26 de abril de 2011.

Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.

Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto