Noticias Persoal Contratacións Preguntas frecuentes sobre o Novo Pacto
 
 

Preguntas frecuentes sobre o Novo Pacto

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publicamos nota aclaratoria sobre o novo pacto emitida polo SERGAS:

 

Dase resposta ás preguntas máis frecuentes en relación cos apartados de:
I. Elaboración e publicación das novas listaxes
II. Xestión das listaxes
III. Baremos

 


I. Elaboración e publicación das novas listaxes:

 

¿Cándo se publicarán as novas listaxes?
O novo Pacto prevé a xeración das listaxes a 31 de Outubro de 2011, data a partires da cal se procederá á publicación das mesmas.

 

¿Quén debe inscribirse nas listaxes?
Todas as persoas interesadas en figurar nelas, tanto si xa constan inscritas nas listaxes anteriores como aquelas que queiran inscribirse por primeira vez.

 

¿Cándo se pode inscribir un/a?
Cando sexa publicada a correspondente Resolución no DOG pola que se anunciará no momento oportuno a apertura do proceso de inscrición. A partires desta primeira inscrición nas listaxes, será aberta e permanente.


¿Cómo será a inscrición nas novas listaxes?
Será telemática e realizarase a través do FIDES, co nome de usuario e contrasinal. O persoal vinculado actualmente ao Servizo Galego de Saúde xa dispón de ditas claves; ao persoal de nova incorporación seranlle facilitadas, logo de rexistrarse no sistema.

 

¿Cándo te apuntas nas listaxes?
Cando se publique a resolución pola que se anuncie a apertura do proceso de inscrición
Aqueles que figuren inscritos en virtude das listaxes anteriores, e desexen continuar no sistema de selección temporal, non terán que pagar tasas. Os novos aspirantes terán que pagar as tasas de acordo coa Lei.

 

¿Cándo podo actualizar os méritos?
Os aspirantes que xa figuraban nas listaxes anteriores ou que estén vinculados co SERGAS, poderán actualizar os méritos con anterioridade á inscripción e polo tanto cando sexa visible o expedient-e/FIDES. A actualización de méritos poderase realizar con anterioridade á inscrición.

 

Quero presentarme por primeira vez ás listaxes, ¿cómo teño que facer?
Esperar a que se abra o prazo, inscribirse na páxina web previa autorización pola que se lle dará un usuario e contraseña. Aportará no seu caso a documentación acreditativa de méritos e requisitos que non figuren no expediente-e/FIDES e esperará a validación do expediente.

 

Xa figuro como aspirante nas listaxes anteriores, ¿cómo teño que facer para inscribirme e actualizar os méritos?
Publicarase a data de inicio do funcionamento do expedient-e/FIDES do profesional onde estará dispoñible a información do currículum e a posibilidade de validación e actualización. Posteriormente publicarase a data coa posibilidade de inscripción. O persoal que figura inscrito con base no pacto anterior, terá que volver a formalizar a inscripción de acordo cos novos procedementos.
A partir da posta en marcha e inicio do novo proceso, este será aberto e permanente

 

II. Xestión das listaxes:


¿Cal é a entrada en vigor da desaparición do descanso obrigatorio?
Cando se publiquen as novas listaxes. De conformidade co novo pacto, prevese a xeración das novas listaxes a 31 outubro 2011.
Mentres non sexan publicadas as novas, seguirá vixente o descanso obrigatorio do Pacto anterior.

 

¿Cándo se chama cos novos criterios das listaxes de curta duración?
Cando sexan publicadas as novas listaxes.

 

¿O persoal de listaxes de curta duración cubrirá vacacións?
Sempre que pola súa orde na listaxe xeral lle corresponda a cobertura de vinculación de duración igual ou superior a tres meses, pola causa que sexa.

 

¿Cal é o nº máximo de días para contratos de curta duración?
Para nomeamentos de duración non superior a 4 días cun máximo de 12 días ao mes.

 

¿Cómo se pode realizar o cambio de área por conciliación laboral e familiar?
Será previa solicitude da persoa interesada, acreditando as circunstancias. O/a aspirante poderá cambiar a área á que inicialmente se inscribiu, que será obxecto de resolución administrativa individual.


¿Cómo é a penalización por renuncia a contratos de tempo parcial?
Se a persoa optou voluntariamente por este tipo de prestación será penalizado polo réxime xeral. O persoal aspirante chamado por indispoñibilidade será penalizado tamén polo réxime xeral

 

III. Baremos:

 

¿Conta a OPE sempre que aprobes ?
Conta coa puntuación obtida na fase de oposición, resultado da suma da puntuación dos exercicios, aprobados ou non, na última OPE convocada e resolta polo Servizo Galego de Saúde, na categoría á que se opta.

 

¿E se non me presentei á última OPE?
Nos méritos da fase de oposición figurarán 0 puntos. Se computarán os correspondentes aos outros méritos da fase de concurso que correspondan co baremo da categoría na que te inscribas.


¿Puntúa pertencer ás listaxes de curta duración?
A puntuación será de 1,5 puntos por ano ata o máximo de 4,5 dentro do apartado de experiencia profesional da categoría correspondente

 

¿Qué puntuación lle corresponde ao tempo traballado e qué puntuación aos exercicios?
A que lle asigne no baremo correspondente que será publicado. Formará o baremo os puntos e méritos do último concurso-oposición na categoría pola que se opta. Quén non teña participado, non terá puntuación por exercicios e terá, no seu caso, a correspondente a outros méritos que acredite.

 

¿Son compatibles as listaxes do 061 coas demais?
Sí, coas categorías de diplomado sanitario que se detallan no Anexo I

 

¿Haberá areas especias?
Sí, as previstas no apartado II.7 do Pacto


¿Caducan os cursos?
Non, puntúanse de acordo co actual baremo de OPE

 

¿Cántos meses fan falta para acadar o máximo de experiencia?
Varía en función de cada categoría según baremo OPE.


¿Cántas horas fan falta para o tope máximo de cursos?
Varía en función de cada categoría según baremo OPE. Na maioría, con 267 horas

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto