Noticias Outras novas Lingua PAREMOS OS ATAQUES CONTRA O GALEGO! Este 17 de maio mobilización expansiva pola lingua que nos une.
 
 

PAREMOS OS ATAQUES CONTRA O GALEGO! Este 17 de maio mobilización expansiva pola lingua que nos une.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A plataforma cívica Queremos Galego, da que a CIG forma parte, convoca unha mobilización expansiva que terá lugar o 17 de maio pola mañá en ducias de lugares do país e do resto do mundo.

 

En cada un destes actos convocados por Queremos Galego, unidos por un mesmo lema e un manifesto común, promoveranse lecturas colectivas de textos literarios nos que se reivindique a lingua propia de Galicia, cun protagonismo senlleiro para a figura de Daniel Castelao, nos 125 anos do seu nacemento. Trátase dun exercicio colectivo de reivindicación do que é o noso maior sinal identitario, e de denuncia dos ataques que está a sofrir, mesmo por parte da Xunta de Galiza, que ten obriga de defendelo.

A listaxe completa de lugares onde haberá actos vaise actualizando no web de QUEREMOS GALEGO!

 

Paremos os ataques contra o galego!

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto