Noticias Persoal Outras novas CPV: as nosas posicións
 
 

CPV: as nosas posicións

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Este escrito foi remitido á Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas,  á Directora Xerente do SERGAS,  Rocío Mosquera e á  Directora de RRHH, Esperanza Lago, sobre a problemática suscitada pola situación da avaliación de obxectivos e o CPV de 2010, e as previsións para o 2011.

 

 

Pilar Farjas Abadía

Conselleira de Sanidade


A grande maioría dos facultativos do SERGAS coincidimos no noso profundo malestar diante da actuación do SERGAS na avaliación de obxectivos e o CPV de 2010, así como os plans que sobre este tema teñen para o 2011.

Nesta situación, a Agrupación Médica de CIG-Saúde (AgM-CIG) esíxelle ao SERGAS:

•       A reavaliación do cumprimento dos obxectivos 2010 de todos aqueles profesionais que non cobraron o 100% do CPV-2010 e exista evidencia de que o sistema de avaliación que lles foi aplicado era claramente inadecuado ás condicións concretas nas que desenvolveu o seu traballo o facultativo afectado: presión a prol da prescrición electrónica e do uso de xenéricos nun contexto confuso, debido aos problemas ocasionados pola aplicación do “catálogo”, e pola sobrecarga asistencial asociada entre outras cousas á ausencia de substitucións, prescrición inducida, uso dun indicador de prescrición de xenéricos claramente inaxeitado en moitas circunstancias (debido a súa absurda fórmula de cálculo), ...

•       A negociación das características globais do sistema de avaliación de obxectivos para o ano 2011, sendo imprescindíbel a supresión da inaceptábel cláusula de que aos facultativos que superen o 1,5% de prescrición das “novidades terapéuticas” definidas polo SERGAS, non se lles valorarán o resto dos obxectivos. Isto provocará que o ano de traballo non se contabilizará a efectos de Carreira Profesional e que non cobrarán cantidade algunha como CPV no ano 2011.

•       A convocatoria urxente dunha Mesa Sectorial, legalmente o máximo órgano de negociación das condicións laborais e retributivas do SERGAS, na que se cree un Grupo Técnico de Traballo no que se debatan e se solucionen tanto os problemas xerados pola inxusta avaliación de obxectivos que, a moitos facultativos, se lles fixo no ano 2010, como polas inaceptábeis características que (polo que até agora se coñece), vai ter a avaliación de obxectivos e o cobro do CPV no ano 2011.


Se o SERGAS non convoca de contado a Mesa Sectorial que demandamos, ou se os resultados desa Mesa non os consideramos satisfactorios, a Agrupación Médica da CIG (AgM-CIG) chamará aos facultativos a que se mobilicen e a que non asinen os obxectivos do ano 2011.

Compostela, 23 de maio de 2011

Francisco Luís Vázquez Vizoso e Manuel González Moreira

Agrupación Médica de CIG-Saúde

 

Para  coñecer os posicionamentos de CIG-Saúde ao respecto desta cuestión, pódense descargar desde aqui os voceiros da AGM de CIG-Saúde que os explican:

 

* CPV Atención Primaria


* CPV  Especializada

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto