CIG Saúde Qué é a CIG Saúde?
 
 

Qué é a CIG Saúde?

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A CIG-Saúde é a Federación de Sanidade da CIG; é dicir ocúpase de todos os asuntos sindicais que se producen no Sector da Sanidade. Como federación integrada na CIG practicamos un sindicalismo de clase e nacionalista nos que os principios de solidariedade e acción sindical global son o eixo da nosa actividade como sindicato.

Ademais os nosos obxectivos principais establecidos nos estatutos de CIG-Saúde son os seguintes:

1) A defensa do dereito á protección e promoción da saúde integral das/os galegas/os.

2) A defensa do carácter de servicio público da atención de saúde, e por tanto a consolidación dun sitema sanitario público, universal, gratuito e de calidade.

3) A loita contra o coorporativismo e a integración dos lexitimos intereses particulares dos diferentes colectivos nunha concepción sindical global, de clase, e unha acción común.

4) A organización, o asesoramento e a defensa das condicións laborais, profesionais e sociais das/os traballadoras/es do sector sanitario alí onde estean. Como podedes observar no nosa web para dar cauce os léxitimos intereses particulares dos diferentes colectivos existen as agrupacións ou grupos de traballo que ocúpanse de forma especializada dos intereses exclusivos que lles afectan, un exemplo de todo isto é a Agrupación Médica que defende os intereses sindicais dos traballadores médicos ante os órganos que correspondan e poñen en coñecemento do sindicato as reivindicacións do seu colectivo, sempre no eido dun sindicalismo global, de clase e solidario. Noutros colectivos existen grupos de traballo que fan a mesma función que as agrupacións e que posibilitan as propostas sindicais do seu colectivo nunha alternativa real solidaria os sindicatos coorporativistas e nunha forma de atende-los problemas do día a día que como ben sabemos moitas veces son os que máis prexuizos e molestias ocasionan os traballadores.

No referente á organización da nosa Federación podemos resumila da seguinte forma:

1.-Son órganos nacionais de governo da CIG-Saúde:

a) O Congreso

b) O Consello Federal

c) A Executiva Federal

2.- Son órganos comarcais de governo da CIG-Saúde:

a) A Asemblea Comarcal

b) O Consello Comarcal

3.- Son órganos locais de governo da CIG-Saúde:

a) A Asemblea Local

b) O Consello Local

3.- É órgano unipersoal da CIG-saúde:

a) A Secretaría Nacional

b) A Secretaría Comarcal

c) A Secretaría Local


CIGSAUDElogo 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto