Noticias Outras novas Outras novas O xulgado do social de Pontevedra desestima as demandas de Cándido Sartier contra a CIG
 
 

O xulgado do social de Pontevedra desestima as demandas de Cándido Sartier contra a CIG

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Lembra que “a afiliación e estancia nun sindicato é voluntaria, pero supón a obriga de respectar os seus estatutos e decisións”

O xulgado do social nº 4 de Pontevedra considera que non existen indicios que xeren unha “razoable sospeita de vulneración” dos dereitos fundamentais alegados por Cándido Sartier. A sentenza considera que queda acreditado que “a resolución ditada pola comisión de garantías da CIG con respecto ao proceso electoral do 16 de decembro de 2010, foi conforme a dereito”.

A sentenza avala a decisión da Comisión de Garantías da CIG de excluír a candidatura presentada por Sartier, ao considerar probado que non respectou a cota de participación feminina que os Estatutos da CIG estabelecen para favorecer a participación de mulleres nos órganos de dirección da organización sindical.

Alén diso, asumindo que esta resolución da Comisión de Garantías é correcta o xulgado rexeita tamén o argumento de que tal decisión teña un propósito discriminatorio ou contrario aos dereitos fundamentais derivado da posición que Cándido Sartier mantivo publicamente, apoiando a construción dun novo hospital con financiamento público-privado en Pontevedra fronte á ampliación do hospital existente en Montecelo, mantendo a súa xestión pública, que é a posición que defende a central sindical.

A propia sentenza declara que o demandante mantivo a súa posición con total liberdade de opinión, o que non é contraditorio coa apertura dun expediente disciplinario, “decisión que en ningún momento pode cualificarse de vulneradora de dereitos fundamentais a liberdade de opinión, nin a acción sindical pois a afiliación e estancia nun sindicato é voluntaria, pero supón a  obriga de respectar os seus estatutos e decisións”.

 

O artigo en Avantar.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto