Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria Escrito á Conselleira sobre os cambios no proxecto do Hospital de Vigo
 
Escrito á Conselleira sobre os cambios no proxecto do Hospital de Vigo

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIG-Saúde denuncia que o Sergas pretende aplicar novos recortes no proxecto do cuarto hospital vigués

Responsábeis da federación de Saúde da CIG, coa súa secretaria nacional, María Xosé Abuín, á cabeza, comparaceron hoxe en rolda de prensa para denunciar que a Consellería de Sanidade pretende acometer novos recortes no proxecto do cuarto hospital de Vigo. "Segundo a información que recibimos dende o propio centro, unha persoa do departamento autonómico está a manter entrevistas con diferentes xefes de servizo para comunicarlles a redución da superficie construída que o seu servizo terá no novo hospital", sosteñen. En concreto falan dunha redución importante do número de camas, da redución do 40% da superficie de urxencias, da desaparición do hotel de pacientes ou da desaparición da unidade de docencia e investigación, entre outras cuestións.

Captura

A central remitiulle unha carta á conselleira de Sanidade para solicitarlle información.

Escrito remitido á Conselleira sobre o Hospital de Vigo e a redución da superficie construida do mesmo:

Pilar Farjas Abadía.

Conselleira de Sanidade.

            A sanidade pública como garantía da prestación dun servizo público e de calidade é unha das  maiores preocupacións da nosa organización sindical. Por isto, reiteradamente, témonos dirixido a Vde. para solicitarlle información e participación no debate e posta en funcionamento das infraestruturas sanitarias do noso país.

            Unha vez máis, e con fonda preocupación, dirixímonos a Vde. para solicitarlle información sobre o proxecto definitivo de construción do novo hospital de Vigo.

            Segundo a información que recibimos, desde o hospital de Vigo, nestes días unha persoa da Consellaría de Sanidade está a manter entrevista con diferentes xefes de servizo para comunicarlle a redución da superficie construída que o seu servizo terá no novo hospital. En concreto estamos a falar dunha redución importante do nº de camas,   da redución  do 40% da superficie de urxencias, da desaparición do hotel de pacientes ou da desaparición da unidade de docencia e investigación entre outras.

            Esta redución  na construción do novo hospital  estaría  motivada por que as empresas adxudicatarias non asumen o custe do proxecto. E como consta no informe de “Réxime de Utilización e Explotación da Obra”,  publicado por esa consellaría en xaneiro de 2010, é competencia das empresas adxudicatarias “A construción, por si mesma ou mediante contratación a terceiros,  do Novo Hospital de Vigo conforme ao proxecto de construción redactado por estas”.

             Desde CIG-SAÚDE solicitámoslle, encarecidamente, que confirme ou desminta esta situación, que se faga público o proxecto definitivo de construción do novo hospital de Vigo. Supoñemos, que non será intención desta Consellaría, manter publicamente o proxecto inicial de construción do novo hospital de Vigo, mentres,  de xeito espurio, estase a facer un novo proxecto de construción que reduce a superficie do novo hospital, cunha perda importante no nº de camas, e cunha perda importante no resto dos servizos.

            De ser así, isto traduciríase nunha perda importante da calidade da sanidade en Vigo, con consecuencias nefastas para a poboación e para as/os traballadoras/es.

            Ademais das consecuencias asistenciais e laborais, tería unha consecuencia perniciosa sobre a forma de xestionar o diñeiro público; en Vigo habería un Hospital  reducido en tamaño e prestacións, financiado con cartos públicos e pagado ao prezo dun hospital de maior dimensionamento e polo tanto de maiores prestacións.

            Se isto se producira, non sabemos cales son os argumentos de austeridade e boa xestión para construír un hospital máis pequeno e cun custe moi superior ao proxecto inicial e sobre todo se este se fixera con fondos públicos.  

                Agardando de Vde. nos facilite esta información na maior brevidade posible.

Atentamente. 

Compostela, 1 de xullo de 2011.

Asdo: Mª Xosé Abuín Álvarez.

Secretaria Nacional de CIG-SAÚDE          

A nova en Avantar.

Secretaria Nacional de CIG-SAÚDEimaxe3.jpgimaxe3.jpgimaxe3.jpg            

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto