Noticias Persoal Contratacións CIG-Informa Expedient-e
 
 

CIG-Informa Expedient-e

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
NOTA INFORMATIVA SOBRE O EXPEDIENT-E

Tentamos explicar con esta nota o significado do Expedient-e, que como sabedes, xa é visible ao entrar no FIDES e permite achegar datos ou modificar os existentes.
O Expedient-e é unha plataforma informática (como o é o propio FIDES, que alberga as nosas quendas, nóminas, datos persoais...) para albergar o Currículo de todo o persoal do SERGAS (primaria e especializada), tanto fixos como contratados e tamén o das persoas aspirantes (tanto novas incorporacións como para as persoas que xa están inscritas nas listaxes de contratacións pero que nunca traballaron).


VÍAS DE ACCESO

- Dende os ordenadores do hospital ou da Primaria pola Intranet, co seu usuario e contrasinal, poden acceder as persoas con vínculo co SERGAS, como o fan habitualmente para acceder ao FIDES.
-Certificado dixital: tanto se dispós do DI electrónico coma do certificado da fábrica de moeda e timbre (que ao persoal do SERGAS foille facilitado nun CD cando se lle fixo a tarxeta sanitaria co chip) pódese acceder dende calquera ordenador con acceso a Internet que o teña instalado.
-Usuarios sen certificado dixital: este nivel é para as persoas aspirantes ou con algún vínculo pasado co SERGAS que non contan con certificado dixital. Unha vez accededes á páxina do SERGAS e dende ela ao FIDES (no apartado PROFESIONAL) atópase na marxe dereita da páxina. Se é a primeira vez que se accede, neste momento hai que pasar dos apartados usuario e contrasinal e ir directamente ao botón gris, rectangular, que alude ao formulario (é imprescindible dispoñer de correo electrónico, se non é así, hai que crealo previamente). Para cubrir o formulario hai que ter a man os documentos cos datos que se nos van pedir:
          -No caso das persoas que nunca estiveron vinculadas ao SERGAS, a tarxeta sanitaria co CIP.
          -No caso das persoas que tiveron vínculo co SERGAS a data de finalización do último contrato e a contía da última nómina.

Unha vez enchido o formulario e enviados os datos, recibirase un correo electrónico de confirmación, e, unha vez confirmado, outro correo co ususario e contrasinal, cos que xa poderemos acceder ao aplicativo do Expedient-e.


COMO FUNCIONA O TEMA
O primeiro que hai que facer é mirar o que cada persoa ten incluído no Expedient-e, algunhas cousas figurarán como V (e dicir, validados, co cal non hai que facer nada, só revisar se está correcto) e outras con P (é dicir, pendentes de validar, logo explicamos qué hai que facer neste caso). Unha vez cuberto o Expedient-e, é dicir revisados e corrixidos os seus distintos apartados (datos persoais, formación -continuada e académica-, experiencia profesional -só cabe meter as privadas, a pública vólcana eles-, docencia, investigación, idiomas -aquí vai o galego-), a través da pestana de “editar” de cada un deles, queda ir á última pestana: INFORME e logo de velo observaremos que só saen as cuestións que levan P, é dicir, as pendentes, darémoslle á imaxe de impresora que hai do lado esquerdo e logo de imprimilo, iremos marcando no recadro impreso da esquerda a boli as fotocopias compulsadas que vaiamos entregar e a maiores o centro de validación que escollamos. Esta primeira vez hai que compulsar todo o que figure con P, e logo entregar co informe (que é equivalente á solicitude de Validación) no rexistro (do hospital, da dirección provincial ou da At. Primaria)


QUÉ SIGNIFICA VALIDAR E CATALOGAR
Validación.- estas unidades encárganse de comprobar que o que escribes no ordenador sexa certo, para isto entregas as compulsas ou documentos acreditativos (se unha enfermeira anota un curso de costura e entrega o título, validaranllo, pero non lle contará para nada, xa que non está indicado para súa categoría profesional) simplemente é dar fe de que o que pós no Expedient-e ten unha proba documental de que é real.
Catalogación.- se entrades vedes un sistema de pestanas para a escolla de cursos, centros de traballo ou centros de formación, todo o que non figure aí (no catálogo) terá que recollerse no apartado de non catalogado e irá á Unidade de Catalogación (centralizada no SERGAS) e se o consideran aparecerá no catálogo para que as sucesivas persoas que o aporten xa non teñan que facer este trámite.

 

OS DISTINTOS PROCESOS (OPE, CONTRATACIÓNS, TRASLADOS…) E A SÚA RELACIÓN CO EXPEDIENTE-E
Unha cousa é o Expedient-e e outra o relativo aos procesos. O único para o que se vai utilizar o Expedient-e é para “absorber” os méritos que se achegan aos distintos concursos (méritos que xa non haberá que achegar cada vez).
Polo tanto, as listas de contratación ou o concurso de traslados externos, por exemplo, serán publicados no DOG, co seu prazo de solicitudes e as súas publicacións de listaxes provisionais e períodos de reclamación pertinentes…. O feito de achegar méritos no Expedient-e non implica estar inscrito en ningún proceso.


O CASO CONCRETO DAS LISTAS DE CONTRATACIÓN

Nestes primeiros momentos de vida do Expedient-e, o SERGAS daralle prioridade á validación dos méritos do persoal aspirante ás listas de contratación, é por isto polo que pediron que o persoal fixo esperara para actualizar o seu Currículo ata despois do outono.
A intención é publicar a convocatoria das listas de contratación en DOG en setembro, é por tanto fundamental que teñan durante o mes de Agosto o maior número de Currículos para a súa validación e catalogación, xa que se non sería imposible que as listaxes se puideran xerar a día 31 de outubro que é o “horizonte co que traballan” (segundo as súas propias palabras, outra cousa é que sexan capaces de cumprilo).
A data límite de inclusión de méritos, segundo pón o propio pacto de contratacións será ata 15 días antes da xeración de listas, é dicir, tal como recolle o texto da norma do Pacto ata o 15 de outubro, xa que as listas se xerarán a 31 de outubro de cada ano. Este ano, por se-lo primeiro, só parece convinte incluír tarde aquilo que non se poida incluír pronto, xa que se todas/os esperamos ao final non lles vai ser posible validar os méritos de todo o persoal.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto