Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria O Consello de Contas falou: a colaboración pública-privada non é o camiño
 
 

O Consello de Contas falou: a colaboración pública-privada non é o camiño

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O Consello de Contas de Galiza ven de publicar un informe co título: “Informe de fiscalización sobre peaxe en sombra”, no que valora algúns contratos de colaboración público-privada e fai as seguintes consideracións:


Razóns que motivan a fiscalización

- Efectos a longo prazo: Son contratos de longa duración que xeran obrigas económicas á administración cun horizonte temporal de 30 anos que repercuten na sostenibilidade das finanzas e na marxe de manobra de futuros gobernos.
- Opacidade: Con carácter xeral, a realización de investimentos a través destes mecanismos non se inclúen no proxecto de orzamentos, polo que a súa aprobación non está sometida a control parlamentario, nin se informa ao Parlamento (corrixido parcialmente nos orzamentos de 2011) sobre a súa realización.
- Incidencia no cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria: A consideración destas infraestruturas e da débeda que a financia, dentro do balance da administración concedente ou no balance do operador privado, ten repercusión directa no déficit público e na débeda da comunidade.


***


A non consolidación en contas da administración destas operacións non altera o seu fondo económico, no que subxace un investimento que a administración deberá aboar durante un determinado número de anos con cargo aos orzamentos futuros. Este endebedamento non financeiro, inherente á peaxe en sombra e mecanismos similares, ten tres implicacións evidentes:
a) afecta á sustentabilidade das finanzas públicas
b) traslada o custo de construción e o financeiro dos investimentos de hoxe a xeracións futuras
c) afecta á marxe de manobra e á capacidade de acción de próximos gobernos.


***


Sustentabilidade e impacto futuro

A utilización de fórmulas de pago aprazado (financiamento extraorzamentario) para o financiamento de infraestruturas públicas foi adquirindo unha importancia crecente nos orzamentos da Comunidade. Nos últimos orzamentos presentados representaba máis do 38% do investimento total previsto. O uso destas fontes de financiamento en materia de infraestruturas de transporte e sanitarias pode ter unha repercusión orzamentaria polas actuacións xa iniciadas de 200 M€ anuais. Os plans anunciados pola administración poderían duplicar esta cantidade. O importe total sería superior ao aforro bruto previsto nos dous últimos orzamentos aprobados e representaría, aproximadamente, o 50% do capítulo orzamentario destinado a investimentos este ano. Este feito xera incerteza en canto á sustentabilidade futura das finanzas, restrinxe a marxe de manobra de próximos gobernos e traslada a carga dos investimentos presentes a xeracións futuras.


 

SEÑOR FEIJOO, SEÑORA FARJAS: Tamén o Consello de Contas advirte: a colaboración público-privada non é o camiño.

 


Descarga e difunde.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto