Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria Mala xestión ou fraude fiscal?
 
 

Mala xestión ou fraude fiscal?

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publicouse esta semana unha nova que dá conta de que esta crise podería xestionarse moito mellor do que se está a facer, sen necesidade de retallamentos á clase traballadora, se a inspección fiscal fixese un mellor traballo de seguimento de certos casos, e se mellorara o sistema tributario actual (e cando dicimos "mellorara" referímonos a que se fixera máis xusto).

 

O pasado martes o Correo Gallego publicaba unha nova titulada "Asalariados e pensionistas declaran o dobre de renda que notarios ou médicos". Visto así, a todo o mundo lle chamaría a atención que os sectores que menos cobran declararan máis que os que realmente máis gañan, e pensaríase que a fiscalidade non grava como debería aos distintos sectores económicos. Isto é certo, o actual sistema impositivo sabemos que hai tempo que ven aumentando os impostos indirectos, aqueles que pagamos tod@s por igual independentemente dos nosos ingresos, e diminuindo a carga fiscal ás clases altas e grandes fortunas, que son quen realmente poden pagar. Pero o quid da cuestión deste artigo do Correo Gallego é que o feito de que pensionistas e asalariados declaren máis renda que médicos, notarios, avogados... e demais profesionais liberais e pequenos empresarios parece deberse tamén ao fraude fiscal ademais dese sistema impositivo que provoca maiores desigualdades.

 

Deixamos aqui un gráfico que se publicaba xunto coa nova, para ilustrar esta cuestión:

 

 

O que nos fai bastante graza é que se fagan estudos sobre estes sectores e non se inclúan aqui as grandes fortunas e empresas.

Será que estas xa nin sequera declaran renda?

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto