Noticias Persoal Contratacións Cambios no Expedient-e
 
 

Cambios no Expedient-e

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Información do SERGAS sobre os cambios introducidos na plataforma Expedient-e e que se puxeron en marcha onte día 25:

  

1.1      CAMBIO 1: Experiencia Profesional - Outra Experiencia: Para un centro non catalogado deberase indicar se é público e/ou sanitario

1.1.1     Aspectos funcionais

A pantalla de edición de “Outra experiencia” deberá ser modificada para incluir dous novos campos:

·         Adm. Pública: Si/Non

·         Centro Sanitario:/Si Non

 
Estes campos serán obrigatorios cando se seleccionou un centro de tipo “Non catalogado”.

 
Imagen1
Dous novos campos foron creados na táboa e_exp_laboral que gardarán a información (es_aapp, es_centro_san) e que tomarán os valores S o N e ‘-’ como valor por defecto.

 

1.2      CAMBIO 2: Formación Continuada – Engadir a entidade QUE avala/ACREDITA o curso

1.2.1     Aspectos funcionais

Na formación continuada para dar de alta un novo curso requírese un novo campo que será a Entidade que Avala/Acredita o curso. Este novo campo é obrigatorio para todos os cursos dados de alta polo aspirante e consistirá nun combo que amosará as posibles entidades:

 

Imagen2
  Nos cursos históricos tomará o valor “-“ en base de datos de maneira que ao cargar información do curso o combo aparecerá baleiro. Se o aspirante o quere modificar o campo pasa a ser obrigatorio.

 

1.3      CAMBIO 3: Experiencia Profesional - Outra Experiencia: Eliminar en Área Especial a opción Non catalogada – Propoñer nova

1.3.1     Aspectos funcionais

Na pantalla de edición de “Outra experiencia” elimínase a posibilidad de seleccionar no combo Área Especial a opción “Non Catalogada – Propoñer nova”.

 
 Imagen3

1.4      CAMBIO 4: FORMACIÓN CONTINUADA – ENGADIR AS CATEGORIAS ÁS QUE VAI DESTINADO UN CURSO NON CATALOGADO

1.4.1     Aspectos funcionais

Na formación continuada engadiuse un novo campo “Categorías”, que só é válido para os cursos sen catalogar.

O campo consta dunha colección de checkbox coas categorías ás que vai destinado o curso, das que se poden seleccionar varias.

 
 
Imagen4
 
A información pendente de catalogar validada, poderá ser editada polo persoal validador para incorporar a nova información requirida nestes novos campos e validala de novo, eliminando así o estado de pendente de catalogar validado da importante lista de méritos pendentes de catalogar. 

 
O obxectivo desta mellora é facilitar a baremación dos méritos ante o importante número de rexistros realizados dende a apertura do expediente polo que agradecémoslle de antemán a súa colaboración nesta actualización.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto