Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria 8 de setembro: folga do persoal de ambulancias
 
 

8 de setembro: folga do persoal de ambulancias

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O persoal de ambulancias vai á folga este xoves 8 de setembro contra os recortes nos servizos

O paro desenvólvese dende as 0 ás 24 horas, e abrangue a todas as empresas afectadas polo convenio galego
 
Este xoves 8 de setembro está convocada folga no sector de ambulancias en contra dos recortes decretados pola Xunta no transporte sanitario urxente e para rexeitar a actitude da patronal, que se nega a asinar a revisión salarial comprometida no anterior convenio colectivo autonómico para o sector. A folga convócase dende as 0 ás 24 horas e abrangue a todas as empresas afectadas polo convenio galego para as empresas e traballadores/as de transporte de enfermos/as e accidentados/as en ambulancia.
Segundo se recolle na propia convocatoria, os motivos que levan aos promotores á convocatoria desta folga é presionar tanto á administración publica como ao conxunto de empresas que xestionan o transporte urxente e o non urxente pola inminente redución de cadros de persoal que se levará a termo tanto polos recortes xa anunciados no sector do transporte sanitario urxente pola Consellaría de Sanidade como os que previsibelmente se prevén neste mesmo sector e tamén no sector do transporte sanitario non urxente.

Ao mesmo tempo a situación do sector é insostíbel do punto de vista laboral coa actitude da patronal do sector de non querer asinar as táboas salariais coa revisión salarial que xa foi pactada no convenio anterior (cuxa vixencia rematou o 31 de decembro do 2010) e coa negativa a negociar un convenio colectivo para o sector logo de case que 9 meses de ter rematada a súa vixencia o anterior.

A convocatoria de folga, subliñan dende a FGAMT-CIG, é a única vía que deixa unha patronal que nega a capacidade sindical para negociar un convenio e que non quere cumprir o que xa ten pactado en canto ás táboas salariais e tamén diante dunha administración sanitaria que nega á representación sindical como interlocutora e anuncia recortes durísimos que van levar consigo importantes mermas nos cadros de persoal.

Previsión de mobilizacións:

- Vigo:  ás 12:30 horas saída en manifestación dende o Hospital até a Dirección Provincial do Sergas (r/ García Barbón).

- Pontevedra: a partir das 08:30 horas percorrido polos centros hospitalarios.

- Ferrol: ás 10:00 horas concentración diante do Hospital Arquitecto Marcide e rolda de prensa ás 10:30 horas. Ás 13:00 horas concentración diante do Edificio da Xunta en Ferrol.

-A Coruña: ás 10:30 horas haberá rolda de prensa no Materno-Infantil e reparto de panfletos. Ás 13:00 mobilización na Dirección Provincial do Sergas.

- Lugo: a partir das 13:15 horas concentración diante da Delegación Territorial da Consellaría de Sanidade e Dirección Provincial do Sergas.

Noticia en Avantar.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto