Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria CIG-Saúde considera inadmisíbel o recorte previsto pola Xunta de Galiza en Sanidade nos orzamentos para o 2012
 
 

CIG-Saúde considera inadmisíbel o recorte previsto pola Xunta de Galiza en Sanidade nos orzamentos para o 2012

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Alerta de que son políticas que responden á ideoloxía neoliberal do PP, que pretende desmantelar o sistema público para proceder á súa privatización

A CIG-Saúde considera inadmisíbel o recorte previsto pola Xunta de Galiza en Sanidade nos orzamentos para o 2012

CIG-Saúde denuncia que a previsión da Xunta de Galiza de recortar aínda máis os orzamentos en Sanidade -segundo as informacións aparecidas en prensa en 14,2 millóns de euros-, aos que hai que engadir os 17,8 millóns de euros que prevé recortar en Benestar, terán graves repercusións para a Sanidade Pública. María Xosé Abuín, secretaria nacional da federación de Saúde da CIG lembra que nos orzamentos deste ano xa se aplicaba un drástico recorte e asegura que incrementalo agora provocará a aceleración do desmantelamento deste servizo público esencial para favorecer a súa posterior privatización.

Abuín lembra que o gasto sanitario en 2010 diminuíu nun 3,3% respecto de 2009 e que no de 2011 xa se recortaron os orzamentos en 950 millóns de euros, un 8,6% menos respecto de 2010.

A secretaria nacional de CIG-Saúde considera que aplicar recortes nesta materia é unha medida intencionada para “dar paso á iniciativa privada no sector sanitario”. De feito, asegura que nestes últimos exercicios xa se están a advertir as súas consecuencias. “Os servizos reducíronse e a súa prestación foi mediante a externalización dos mesmos, utilizando as fórmulas de mercado: asistencias técnicas, contratos de servizos determinados. Incrementáronse ademais os peches de camas e a súa duración no tempo, as listas de espera, pola paralización das actividades de tarde...”.

CIG-Saúde alerta de que estas políticas neoliberais defendidas polo PP, que pretende xustificar como medidas de austeridade, están a agravar a situación do sistema sanitario, no que se incluíu ademais unha limitación do 10% na taxa de reposición de efectivos, malia haber un déficit importante de persoal. “Isto está a dificultar a prestación dunha sanidade pública e de calidade, ao limitar a contratación de persoal temporal e o nomeamento de persoal estatutario, agás en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazábeis”.

María Xosé Abuín denuncia a actitude e a hipocrisía da Xunta de Galiza, que segue a manter gastos superfluos en diferentes materias. “Coa desculpa da austeridade o único que fai é cargarse os alicerces desta sociedade, que son a Sanidade e o Ensino”.

 
Mª Xosé Abuín Álvarez

Secretaria Nacional de CIG-Saúde

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto