Noticias Persoal Contratacións Preguntas frecuentes Novo Pacto e Expedient-e
 
 

Preguntas frecuentes Novo Pacto e Expedient-e

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
O SERGAS ven de publicar un novo documento de Preguntas Frecuentes sobre o Novo Pacto e o Expedient-e. Pegamos aqui o contido do mesmo. Tamén se pode descargar desde a páxina do SERGAS.

Preguntas Frecuentes Novo Pacto e Expedient-e:

¿Quén pode inscribirse nas listas de contratación do SERGAS? Todas as persoas interesadas en figurar nelas. As persoas que figuraban nas listas anteriores da mesma categoría, teñen que incribirse tamén, pero non pagarán taxas.

¿Cómo inscribirse? Cando sexa publicada a correspondente Resolución no DOG pola que se anunciará no momento oportuno a apertura do proceso de inscrición. A partires desta primeira inscrición a inscrición nas listas será aberta e permanente.

¿En qué categorías me podo inscribir?  As categorías se especificarán na primeira convocatoria de inscrición. Pode consular na páxina web as convocadas na anterior convocatoria.

¿O inicio do expedient-e implica a apertura de prazos de inscrición de listas?  Non. Os prazos de inscrición iniciaranse en virtude dunha resolución da Dirección de Recursos Humanos que será publicada no DOG. Mentres, pode ir rexistrando os seus datos e méritos e aportando a documentación xustificativa.

¿ Que prazos teño que ter en conta?  Os prazos de inicio do expedient-e e os prazos de inscrición dos procesos de listaxes son distintos. Débese empezar recopilando a documentación. O sistema está operativo dende o 21 de xullo polo que se debe continuar co rexistro dos  datos e méritos e por último débese acreditar a información mediante documentación orixinal ou compulsada. Posteriormente deberá continuarse coa inscrición nas listaxes. O prazo da primeira inscrición terá a debida publicidade e será anunciado no DOG e na web.

¿Cando poderán os/as aspirantes inscribirse nas novas listaxes?  Publicarase no DOG e na páxina web da Consellería de Sanidade a data de inicio do prazo de inscrición das listaxes de selección temporal e promoción profesional.  Cando se determine a data, se anunciará debidamente, neste intre non está determinada.

¿Como será a inscrición nas novas listaxes?  Será telemática e realizarase a través do FIDES (o enlace figurará na web do Servizo Galego de Saúde), co nome de usuario e contrasinal. O persoal vinculado ao Servizo Galego de Saúde xa dispón de ditas claves; ao persoal de nova incorporación seranlle facilitadas, logo de rexistrarse no sistema. Necesitará unha dirección de correo electrónico. 

Se figuro nas listaxes anteriores, ¿teño que inscribirme de novo?  Si, resulta obrigatorio inscribirse nas listaxes para figurar nelas. Non inscribirse terá como consecuencia que non sairás incluído/a nas listaxes e non  poderás ser chamado/a para vinculacións temporais. Non figurar inscrito nas listaxes terá tamén consecuencias nos ceses derivados da incorporación de persoal fixo, si se trata de persoal interino ou eventual

¿Onde aparece a nota da última OPE? A nota da última OPE non figura no Expedient-e, posto que é un valor que só se ten en conta para os procesos de selección temporal. Daquela, se cargará e visualizará automáticamente cando se habilite o proceso de inscrición nas listas de contratación, polo que non require xustificación documental en ningún caso.

¿Onde introducir os servizos prestados en Áreas especiais e en listas de curta duración? Os servizos prestados nas Institucións Sanitarias do sergas xa constan neste organismo e polo tanto non deben ser achegados.

¿Cal é o requisito para inscribirse en Áreas Especiais? Se esixirá, ben una experiencia profesional  mínima de dous meses na referida área e categoría e dentro do Sistema Nacional de Saúde, ben una formación práctica impartida polo Servizo Galego de Saúde.

¿Cómo podo inscribirme nas listas de curta duración? Cando se abra o prazo de inscrición poderá inscribirse por centro ou complexo agás na categoría de enfermeiro/a, para a cal se confeccionarán dúas listas por área sanitaria (ou zonificación de ser o caso) nos centros de atención pirmaria e expecializada.

¿Cándo podo elexir a área sanitaria na que quero inscribirme ? Cando se abra o prazo de inscrición no formulario de solicitude poderá elexir o ámbito da citada lista.

¿Cales son a listas compatibles? As compatibilidades daránse exclusivamente dentro das categorías que figuran en cada bloque.  As listas compatibles aparecen especificadas no Anexo I do novo pacto de contratación que aparece na nosa páxina web. www/sergas.es/empregopublico/expedient-e/novopacto

¿Cómo acceder á promoción interna? Os aspirantes poderán acceder á promoción interna de acordó co previsto na norma II.1.2. do Pacto de contratación.

¿Haberá descanso obligatorio?  De conformidade co novo pacto, unha vez xeradas as novas listas, xa non haberá descanso obligatorio.

¿ Se non me presentei a OPE ? Podes participar no sistema de acceso pero non terás puntuación no mérito correspondente a notas dos exercicios. Terás a puntuación que resulte de aplicar o baremo correspondente da categoría aos méritos que rexistres. Ten en conta que se valora o coñecemento da lingua galega.

¿ Se non teño ningún mérito? Podes participar no sistema de acceso pero non terás puntuación nas listas; si terás un número de orde. Debes ter os requisitos esixidos para cada categoría profesional e que figuran nun enlace na web do Servizo Galego de Saúde, no apartado de listaxes de contratación.

¿Se non rexistro méritos?  Os méritos non rexistrados ou non validados por non ter aportada a documentación acreditativa, non serán computados no momento indicado nos procesos correspondentes.

¿Cómo son as novas listaxes?  A selección de persoal estatutario temporal realizarase, con carácter xeral, a través dunha única listaxe por categoría e ámbito territorial de dispoñibilidade, diferenciando dúas quendas de acceso: libre e promoción interna.
         v  Quenda de acceso libre:  
               o   Listaxes únicas por cada categoría profesional e ámbito territorial.
                         §  Listaxes en cada unha das áreas sanitarias na maior parte das categorías: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Burela, Lugo, Monforte, Pontevedra, O Salnés, Vigo, Ourense e o Barco de Valdeorras.
                         §  Listaxes nas áreas sanitarias con zonificación: Cee (na área de A Coruña), Barbanza (na área de Santiago) e Verín (na área de Ourense).
                         §  Listaxes de ámbito autonómico: médico/a coordinador do 061, médico/a asistencial do 061 e enfermeiro/a do 061.
               o   Listaxes compatibles: dentro de cada colectivo profesional permítese a inscrición en varias categorías, nos termos establecidos no anexo I do Pacto.
         v  Quenda de promoción interna temporal:
                         §  Listaxes en cada unha das áreas sanitarias (nos mesmos termos e ámbitos que na quenda libre: 11 áreas e 3 zonas especiais (Barbanza, Cee e Verín).
                         §  Listaxes de ámbito autonómico: Médico/a coordinador do 061, médico/a asistencial do 061 e enfermeiro/a do 061.

v     ¿ Que integran as áreas ?  As áreas están integradas polos centros seguintes: 
o   Complexos Hospitalarios: Centros hospitalarios e centros de especialidades.
o   Xerencias de Atención Primaria: Unidades e servizos de atención primaria e PACs.
o   Entidades adscritas: Galaria, 061, CTG, INGO e FEGAS. 

¿Se figuro nas listaxes anteriores, teño que pagar taxas?  Se continúas como aspirante na mesma categoría non terás que pagar taxas. Se cambias de categoría ou te inscribes nunha nova terás que abonar as taxas correspondentes. Os novos aspirantes que non figuraban na listaxe anterior terán que pagar as taxas de acordo coa Lei.

¿Onde están os PAE e as unidades de validación? As unidades de validación figuran nun anexo do manual de instrucións. Ambas relacións están publicadas na web. Poderá acceder á relación e enderezos a través de www.sergas.es na ruta Emprego Público<Expedient-e<Directorio de Puntos de Acreditación Electrónica (PAE) e Unidades de Validación.

¿Cómo podo coñecer o importe da última nómina aboada polo SERGAS? A vía máis doada é recorrer á comprobación da información proporcionada pola entidade financeira onde teña domiciliada a súa nómina comprobando  o total mensual percibido.

¿ Como se acreditan os méritos rexistrados no expedient-e?  Con documentación acreditativa dos requisitos e méritos rexistrados, mediante documentos orixinais ou compulsados nos rexistros das administracións públicas ou dos centros sanitarios, ou outros medios que garantan a súa autenticidade. O formulario de solicitude de validación imprimirase dende o expedient-e e irá dirixido a unha unidade de validación. As unidades de validación están nos centros sanitarios de atención primaria e especializada, direccións provinciais do Servizo Galego de Saúde ou entidades adscritas á Consellería de Sanidade:  FEGAS, CTG, GALARIA e 061.

Outros requisitos: Habilitaremos una pestana con este nome na que poderán incluír a licenza de operador de instalación radioactivas e os permisos de conducir clase B.

¿Cómo se acredita a experiencia profesional no SERGAS? Con carácter xeral, esta información xa ven cargada e validada polo propio sistema. Só no caso de detectar alguna ausencia deberá ponerse en contacto co centro de xestión correspondente.

¿Cómo acreditar a experiencia profesional? A experiencia profesional en Administracións Públicas e nas Institutcións Sanitarias Públicas se acreditará coa certificación de xervizos prestados expedida polo órgano competente. A experiencias profesional en institucións e/ou empresas privadas se acreditará ou ben coa copia compulsada do contrato de traballo xunto co informe da vida laboral, ou ben coa certificación de servizos prestados da propia empresa xunto co informe de vida laboral da Seguridade Social. Se os servizos prestados son no estranxeiro, deberán aportar documentación acreditativa dos servizos prestados, días de traballo, organización en tipo da mesma, así como categoría ou posto, e debidamente traducido por traductor xurado.
  
¿Qué experiencia se ten en conta en selección temporal como regra xeral?

Licenciados:

Por cada mes completo mesma categoría institucións sanitarias do SNS do Sist. Público dun país da U.E.

Por cada mes completo mesma categoría noutras A.A.P.P. de España ou dun país da U.E.,programas de cooperación internacional debidamente autorizadas ao servizo de organización de cooperación internacional.

Por cada mes completo mesma categoría en institucións sanitarias privadas concertadas e/ou acreditadas para a docencia de España ou dun país da U.E.

Por cada mes competo de servizos prestados noutra categoría ou especialidade de persoal licenciado sanitario en institucións sanitarias do SNS ou do sistema sanitario público dun país da U.E.

 

Persoal diplomado sanitario/Persoal xestión e servizos:

Por cada mes completo mesma categoría  institucións sanitarias do SNS o Sist. Público dun país da U.E.

Por cada mes completo mesma categoría noutras A.A.P.P. de España ou dun país da U.E., programamas de cooperación internacional debidamente autorizadas ao servizo de organización de cooperación internacional.

Por cada mes completo mesma categoría en institucións sanitarias privadas concertadas e/ou acreditadas para a docencia de España ou dun país da U.E.

Por cada mes completo de Servizos prestados noutra categoría mesma área funcional en institucións sanitarias do SNS ou do sistema sanitario público dun país da U.E.

 
Consulte especificidades de categorías de médicos e categorías de prevención de riscos laborais.

¿Cómo se valoran os contratos a tempo parcial?  O cómputo será de acordo co baremo da última OPE. En canto á valoración dos servizos prestados a tempo parcial serán valorados coa conseguinte redución.

¿Como é o novo sistema ?  O/a profesional rexistra os seu datos e méritos e constrúe o seu currículum; nos axudarémoslle mediante axudas on line, a través de puntos de acceso e información nos centros e tamén coa información personalizada nos servizos de persoal e recursos humanos dos centros de atención primaria e especializada, direccións provinciais e as entidades adscritas á Consellería de Sanidade: INGO, FEGAS, CTG, GALARIA e 061.

¿Cales son os pasos fundamentais para utilizar ben o expedient-e? 
1º. Recopilar toda a documentación que vai a entregar acreditativa de títulos e méritos.
2º. Acceder:
          * Se eres novo/a no Servizo Galego de Saúde, ten a man a túa tarxeta sanitaria para consultar o CIP. Deberás dispoñer dunha conta de correo electrónico persoal, xa que resulta obrigatoria para poder xestionar o teu expedient-e.
          * Se eres ex traballador/a do Servizo Galego de Saúde, debes ter a información sobre a última nómina e a data de cese do último vínculo.
          *Se eres un/ha profesional en activo debes ter o usuario e contrasinal corporativa.
3º. Unha vez iniciado o acceso ao expedient-e profesional debes introducir ou modificar os datos persoais e méritos novos. Dende este momento pódense entregar xa na administración para a súa validación,  xunto con un formulario  de solicitude de validación que aparecerá no expedient-e, de acordo co disposto na Resolución do 15 de xullo de 2011 xa mencionada.
4º.- Co inicio do expedient-e, a administración comezará a validar a documentación aportada polos/as interesados/as.
5º.- Abrirase o prazo de inscrición para acceso as listaxes, que se publicará previsiblemente en setembro no DOG e na páxina web do Servizo Galego de Saúde, e que permitirá a inscrición nas categorías estatutarias para ocupar postos nas institucións sanitarias con carácter temporal, mediante os procesos de selección temporal e promoción profesional previstos no Pacto de 9 de maio de 2011.

¿Cómo introducir as materias da formación académica? Deberá sumar o número total de materias ou créditos computables e que teñan una mesma cualificación (matrícula de honra, sobresaínte, notable ou aprobado), e consignar o dato no recadro correspondente. Nos plans novos deberá consignar a calificación final que figura na certificación académica. Non ten que inventar nin calcular ningún tipo de puntuación.

¿Onde introducir os Máster? Deberán incluílos en “Formación Continuada”.

¿Onde introducir as publicacións?  Deberán introducilos na pestana de “Actividade investigadora” e dentro desta nas opcións específicas para libros e revistas.

¿Onde podo introducir un premio extraordinario? Actualmente o expedient-e non permite a inserción dos premios extraordinarios en outros estudios que non sexan universitarios superiores xa que non ten ninguna repercusión no baremo.

¿Onde podo incorporar un posgrao? Sólo pode introducilos o persoal licenciado no apartado de formación académica

A miña titulación aparece con P:  A titulación dos/as profesionais con praza fixa aparecerá inicialmente como non validada cunha “P” no estado. O persoal fixo non terá que volver a aportar a titulación acreditada para o acceso á praza que obtivo polo sistema de selección correspondente. A validación dos títulos deste persoal fixo será realizada polos servizos de persoal ou recursos humanos dos centros sanitarios. Na medida que vaia completando a información de títulos, irá apareciendo o estado “V”, de validada.
Os novos méritos e requisitos deberán ser acreditados documentalmente nas unidades que se establezan polo procedemento indicado na resolución de apertura do expedient-e. Posteriormente  serán validados por persoal específico nomeado para esa tarefa no Servizo Galego de Saúde.

¿Cómo acreditar a formación continuada? É indispensable que no certificado/diploma conste a categoría destinataria ou o programa, datas, créditos e/ou horas. No caso de figurar no diploma dos cursos varias das opcións previstas en “entidade” deberá sinalar prioritariamente as acreditadas (para persoal sanitario) ou avaladas polo SERGAS ou outro organismo público (para persoal non sanitario).

¿Qué fago se os meus cursos non teñen data de inicio nin de fin? Debe introducir nos campos de inicio e fin a data de expedición do diploma ou certificado. Se as datas aparecen en meses consignará o último día natural do mes respectivo.

¿Podo incorporar o Curso de Adaptación Pedagóxica? Non é  un ítem no currículo, polo que non poden ser introducidos no Expedient-e, e non teñen ninguna repercusión no baremo.

¿Cómo valoran o servizos prestados nunha redución de xornada? Os servizos prestados durante o período no que se disfrute dunha reducción de xornada por coidado de fillos ou familiares valoraránse como prestados en xornada completa.

¿Cómo se asigna  a puntuación correspondente a cada mérito? O propio sistema informático encargarase de asignar a puntuación de cada mérito atendendo o baremo establecido. Os méritos poden estar acreditados no sistema ou ser novos. Os méritos dos que xa dispón o sistema e que xa consten como validados, non será preciso volver a acreditalos. Os méritos validados figurarán visibles no Expedient-e e terán carácter permanente.
Os novos méritos deberán ser acreditados documentalmente nas unidades que se establezan ao efecto se serán validados por persoal específico nomeado para esa tarefa. A puntuación non será definitiva mentres o novo mérito non estea acreditado documentalmente e validado
Con respecto á primeira inscrición será a convocatoria a que indique a data límite para o rexistro de requisitos e méritos.

¿ Como son os baremos de acceso a listas para vínculos temporais?  Son os baremos da última OPE convocada e resolta polo Servizo Galego de Saúde na categoría na que desexe optar o/a aspirante. Con algunha adaptación en médicos de familia. Así tamén, hai baremos novos para aquelas categorías que non tieveron OPE.
Os baremos poden consultarse na páxina de emprego público na OPE correspondente a 2008-2009 na maior parte das categorías. Para as que non figuren nesa OPE ou na OPE anterior, os baremos aplicables serán similares e publicaranse no DOG.
A puntuación total será a máxima acadable no Concurso-Oposición da categoría correspondente ou nos novos baremos que se publiquen.
Os baremos de méritos para ordenar aos/ás  aspirantes ten en conta o seguinte:
o   A/s nota/s obtida/s no/s exercicio/s: esta puntuación supón un 60% do total do baremo (máximo tope de puntos dos exercicios).
o   A experiencia, a formación e outras actividades: segundo o baremo correspondente: 40% da puntuación restante do baremo.

¿ Que é a baremación automática?  O propio sistema informático encargarase de asignar a puntuación de cada mérito atendendo ao baremo establecido en cada proceso e categoría. Os méritos poden estar validados polo propio sistema ou ser novos.
Os méritos validados dos que xa dispón o sistema  e que serán visibles para os/as aspirantes e profesionais, e polo tanto que non é necesario volver a acreditalos son:
Servizos prestados no Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.
Cursos da programación da FEGAS.
Cursos aportados e baremados na convocatoria anterior de listaxes de selección temporal no Servizo Galego de Saúde.

Contacta:   De ter algunha dúbida poderá dirixirse á dirección de correo electrónico novopacto@sergas.es e seralle respondida á maior brevidade.
A información sobre novo pacto poderá consultalo na páxina web do Servizo Galego de Saúde: www.sergas.es/empregopublico/listas contratación .

De ter problemas cos accesos ao expedient-e poderá dirixirse a un punto de información situado nos centros sanitarios, direccións provinciais e entidades adscritas á Consellería de Sanidade, unha vez iniciado o prazo de apertura do expedient-e.
 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto