Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria CIG-Saúde rexeita a taxa de reposición na Sanidade Pública
 
 

CIG-Saúde rexeita a taxa de reposición na Sanidade Pública

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
PLANO DE ESTABILIDADE 2011-2014 DO GOBERNO DO ESTADO ESPAÑOL = PERDA DE POSTOS DE TRABALLO NA SANIDADE PÚBLICA

O Plano de Estabilidade 2011-2014 foi presentado perante a Comunidade Europea por Elena Salgado, Ministra de Economía e Facenda, e ratificado por Mariano Rajoy na súa reunión con Angela Merkel.

2011-09-23_161128
Este efecto perverso de eliminación de postos de traballo na Sanidade Pública manterase ata o ano 2014. É dicir, ata o 2014 só se poderá cubrir un 10% das prazas vacantes. O resto das prazas serán amortizadas. Con posterioridade ao 2014 o cadro de persoal da Sanidade Pública estará tan mermado que a prestación de servizos será inviable.

Desde a CIG-Saúde, ao igual que fixemos no ano 2011, iniciamos unha campaña de denuncia e reivindicación para que o goberno da Xunta de Galiza e os partidos políticos do parlamento do Estado Español rexeiten que os orzamentos do ano 2012 contemplen a taxa de reposición nos servizos públicos.

De non producirse isto, desde CIG-Saúdeinstamos ao Goberno Galego a que en uso das súas competencias, esixa ao goberno do Estado Español que a taxa de reposición non teña a consideración de normativa básica. E ao SERGAS a que se cubra a totalidade das prazas.


Qué interese tén o goberno de eliminar os postos de traballo na Sanidade Pública?
Será que esta medida lle facilita as súas ansias privatizadoras?

NA DEFENSA DO SISTEMA SANITARIO PÚBLICO, DEFENDE O TEU POSTO DE TRABALLO!

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto