Noticias Persoal Contratacións Información Comisión de Seguimento Pacto de Contratacións
 
 

Información Comisión de Seguimento Pacto de Contratacións

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Comisión de Seguimento do Pacto. 27 de setembro de 2011.


· Información sobre o Expedient-e. Infórmasenos das seguintes cuestións:

-Melloraron o buscador de cursos para que sexa máis sinxelo atopar os cursos que xa están catalogados e evitar duplicidades.

-Incorporaron a comunicación cos/as aspirantes, de xeito que o propio aplicativo avisa se hai algún problema (falta de documentación…).

· Primeira convocatoria de listaxes polo expedient-e.

-Debido ao volume de incorporación de méritos no aplicativo que se produciu, non vai ser posible xerar ningunha lista a día 31 de outubro. En parte porque están comezando a validar toda a documentación e en parte polo problema que podería supoñer no sistema xerar as listas de todo ese volume de datos. Por este motivo, van secuenciar as inscricións e nesta primeira xeración de listas por tandas de varias categorías. Abrirán as inscricións das categorías de TER, TEL, TEAP, TE Radioterapia e Hixienista Dental, nas vindeiras semanas (finais de outubro, ou, como moito, a primeiros de novembro). Nunha segunda fase, iría o persoal de xestión e servizos, e así paulatinamente.

-Para xerar estas primeiras listas remitirase a DOG unha resolución de apertura de inscricións, onde se especificarán claramente o prazo de comezo da inscrición, indicando a data de xeración de listas (data ata a que se contabilizan os méritos), pero non a de publicación definitiva das listas. Nesta primeira xeración de listas, todas as persoas aspirantes desas categorías que queiran figurar nas listas de contratación deben inscribirse, inda que xa formaran parte das listas anteriores. Só pagarán taxas as persoas que se inscriban por primeira vez.

· Aclaracións de dúbidas ou cuestións sobre o expedient-e e o novo pacto. Desde a CIG-Saúde preguntamos por varias cuestións:

-Servizos Prestados como enfermeira en Unidades de Saúde Mental. Preguntamos cómo se van valorar os servizos prestados como enfermeira nestas unidades de cara á categoría de Enfermaría Especialista en Saúde Mental. Posto que se trata dunha cuestión relativa a categorías que non van ser xeradas nesta primeira tanda, adían o posicionamento. Valorarán qué pasará nestes casos cando se abran as listas de enfermaría.

-Lavandería de Lugo. En vista da reclasificación que se deu aquí, pedimos que se cumpra o compromiso de que estas persoas poidan anotarse noutras listas respectándolles a puntuación por tempo traballado no servizo de lavandería. Igual que no caso anterior, adíase a valoración da Administración por non ser categorías que vaian xerar lista na primeira tanda.

-Aspirantes duplicados en listas. O aplicativo non vai permitir que a mesma persoa se apunte en dúas listas que non sexan compatibles ou en dúas áreas distintas, polo que non se vai dar o caso, como sucedía anteriormente, en que había persoas que saían nas listas provisionais en dúas listas e tiñan que decantarse por unha. Con este sistema non haberá lugar a este tipo de erros.

-Baremación da lingua galega. As persoas que obtiveran o título de Celga despois da OPE serán valoradas conforme a ese título e non conforme á puntuación da OPE.

-OPE a valorar. Para as categorías que non foron convocadas a OPE no 2009, pero si que tiñan convocatorias anteriores, terase en conta a nota desa OPE anterior (excluída a OPE extraordinaria).

-Vínculos de tempo parcial. Desde a CIG-Saúde solicitamos que para as persoas que nestes momentos están vinculadas a tempo parcial, unha vez que se xeren listas de voluntarios/as para este tipo de contratos, se estableza a posibilidade (nunha única ocasión) de renunciar a eses contratos a favor dos/as aspirantes da lista voluntaria. A Administración non se amosa moi favorable a esta petición. Como é unha cuestión de xestión de listas e nestes momentos inda estamos coa xeración de listas, adíase para unha reunión posterior e o SERGAS queda de valoralo.

-Táboa de equivalencias das categorías SERGAS coas de outras administracións. Están traballando nela, parece ser que é complexo elaborar esta táboa de equivalencias. En todo caso, explican que as persoas que teñan servizos prestados noutras administracións só teñen que introducir os datos no aplicativo, e no momento en que haxa equivalencias incorporadas ao sistema do aplicativo, serán baremadas automáticamente.

-Certificados de Competencias Profesionais. Preguntamos cómo se incorporan este tipo de certificados no expedient-e. O que se nos responde é que non figuran no baremo, polo que non se poden incorporar. En todo caso, aclarar que estes certificados de competencias non son equivalentes a títulos de Técnicos de Grao Medio, senón que só certifican a competencia nalgún módulo concreto desas titulacións, polo que non poderían ser baremados igual que un título de Técnico de Grao Medio.

-Carnés profesionais. Baremación de carné de manipulador/a de alimentos ou carné de operador industrial de caldeiras. Non figuran no baremo como valorables, polo que non hai que introducilos polo momento, xa que non se van baremar.

-TE Radioterapia. Dado que polo de agora non teñen previsión de apertura do servizo en Lugo, non se abrirán listas desta categoría para a área de Lugo. En cambio sí permitirán que poidan apuntar como área limítrofe Lugo. No caso de posta en funcionamento deste servizo, chamarían a aqueles/as aspirantes que marcasen esa opción.

· Proposta de Regulación listas Pool . Alegacións. Valóranse as seguintes alegacións:

-Punto 2.4. Desde a CIG-Saúde solicitamos que se nos aclare este parágrafo, que non vemos coherente no texto. A propia Administración non tén claro qué quería expresar no parágrafo. Quedaron en revisalo e darnos unha resposta.

-Punto Terceiro. Solicitamos que se retire do texto a alusión aos 144 días do ano. Acéptase.

-Punto 5.1. Pedimos aclaración sobre o órgano da estrutura de xestión integrada encargado dos chamamentos, tanto de Pool como de lista xeral. Vaise chamar desde Ourense para o Pool do Barco ou Verín, por exemplo? Contéstasenos que non é esa a intención, senón que se recolle así no texto para englobar a estrutura que se determine dentro da xestión integrada para levar a cabo os chamamentos.

-Punto 5.1. Solicitamos que se recolla neste parágrafo que os chamamentos serán realizados por orde de puntuación e de xeito rotatorio. Acéptase.

-Punto 6.2. Posto que se alude ao punto IV do Pacto (referente a penalizacións) non entendemos porqué se recolle unha especie de resumo dunha frase neste punto. Pedimos que se retire ou ben que se transcriba o punto IV completo. Rexéitase co argumento de que é aclaratorio.

-Punto 7.1. A suspensión de chamamentos non é só para as persoas que teñan vínculos de longa duración no momento da publicación das listas, senón tamén para aqueles vínculos posteriores, sexan de longa duración ou ben maiores de 3 meses, segundo o estipulado no pacto. Deben recollerse estes supostos. Acéptase.

-Punto 7.1. Debe recollerse que mentres dure a suspensión non se recibirá puntuación pola lista Pool. A Administración é reacia a recoller nada sobre puntuacións neste regulamento, insistimos na importancia de que quede especificado para que non haxa reclamacións posteriores. Finalmente acéptase.

-Punto 7.1. e 7.2. Pedimos que se clarifique que o número de titulares que se determine non pode variar, nin se pode utilizar a lista de reservas como se fora de titulares. Hai un intenso debate no que parece que a Administración non entende a nosa alegación, e insiste en que se se esgota a lista de titulares debe de tirarse da de reservas. Insistimos en que as reservas son para cubrir ocos de titulares que queden vacantes por IT, penalización, renuncia ou suspensión de chamamentos e non para tirar deles cando nos pareza oportuno, coma se fora unha elongación da lista de titulares. Parece que ao final entenden o posicionamento e acéptano (veremos como queda recollido no texto).

· Varios:

-A Administración informa que en breve remitiranos para realizar alegacións a regulamentación da Formación Práctica Específica que se recolle no Pacto.

-Listas automáticas. Infórmasenos de que as listas automáticas provisionais de Xullo van ser publicadas este venres. Tamén se nos indica que, dada a inminencia da xeración de listas polo pacto novo e para evitar confusións, non se producirán máis convocatorias de listas automáticas. É dicir, as listas automáticas de Outubro non van ser convocadas, e as de Xullo serán as últimas deste tipo de listas.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto