Noticias Sanidade Pública Outras novas Mobilizacións en Defensa da Sanidade Pública
 
 

Mobilizacións en Defensa da Sanidade Pública

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
O próximo día 27 de outubro a Plataforma SOS Sanidade Pública, que agrupa a todas as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública de Galicia, convoca mobilizacións en todas as Áreas Sanitarias da Comunidade Autónoma con dous puntos fundamentais: 


- A defensa dos Servizos Sanitarios Públicos


- Frear os recortes dos mesmos que están sendo levado a cabo pola Consellería de Sanidade e a Xunta de Galicia


SOS Sanidade Pública considera que o sistema sanitario público galego está en risco real de deterioración e privatización pola política sanitaria da Xunta de Galicia destinada a cambiar o actual modelo sanitario baseado na universalidade das prestacións, o acceso en condicións de igualdade, a gratuidade as consultas e a calidade das prestacións,  levadas a cabo con recursos públicos.


A crise económica está sendo utilizada pola Xunta para introducir importantes recortes económicos no orzamento sanitarios (máis de 200 millóns de euros) e nos servizos sanitarios públicos como son a paralización da actividade dos hospitais pola tarde, a desviación de pacientes a centros privados, o abandono do Plan de Mellora da Atención Primaria, o desmantelamento das Áreas sanitarias, o peche de servizos anatomía patolóxica e laboratorio, a eliminación dos radiólogos nos servizos de urxencias dos hospitais comarcais, a privatización dos centros sanitarios ao apostar polo financiamento privado da construción de novos hospitais e centros de saúde e dos plans directorios de mellora e ampliación dos antigos, a cesión a empresas privadas dos servizos de diálises, equipamento tecnolóxico dos centros , centrais de chamadas ou as redes informáticas.


A sanidade pública galega achégase perigosamente ao punto de non retorno que só unha gran mobilización de toda a sociedade pode frear.


Pretendemos facer chegar á Xunta de Núñez Feijoo o clamor dos cidadáns e profesionais , por encima das lexítimas posicións ideolóxicas, en apoio dun sistema sanitario de calidade, eficiente e accesible como o que gozamos e que é absolutamente sostible.


As mobilizacións que levarán a cabo a partir das 8 da tarde terán diferentes formatos en función das características de cada área sanitaria.

Artigo extraido da web de SOS-Sanidade Pública.

   
 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto