Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria A limitación da taxa de reposición de efectivos nun 10% no SERGAS reducirá o persoal en máis de 3.000 traballadores/as
 
 

A limitación da taxa de reposición de efectivos nun 10% no SERGAS reducirá o persoal en máis de 3.000 traballadores/as

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
CIG-Saúde denuncia que a redución de persoal da sanidade pública galega provocará que a prestación do servizo sexa, en 2014, inviable
 
CIG-Saúde denunciaba esta mañá, en rolda de prensa, que o mantemento dunha taxa de reposición do 10% -é dicir, que de cada 100 traballadores/as só se suplan 10- nas Leis de Orzamentos dos seguintes anos terá o efecto de eliminar postos de traballo na Sanidade Pública e levará a que no ano 2014, o cadro de persoal estea tan mermado que a prestación do servizo público será inviable.
11-10-18 RP CIG-Saúde
Segundo explicou María Xosé Abuín, secretaria nacional de CIG-Saúde, dos datos que se recollen no Plan de Ordenación de Recursos Humanos do SERGAS, de aquí a 2013 xubilaranse 2330 traballadores/as: 712 do persoal Facultativo; 911 do Persoal Diplomado Sanitario e Persoal Sanitario de Formación Profesional e 707 de Xestión e Servizos.

Se o SERGAS só vai cubrir o 10% deses 2330, a reposición de persoal limitarase a 233 prazas. “O resultante será que en 2014 o Servizo Galego de Saúde reducirá o cadro de persoal en 2097 traballadores/as”, explicou.

A estes datos, Abuín engade as prazas vacantes non cubertas, as 1048 prazas amortizadas pola inaplicación do Plan Mellora e as 154 prazas non creadas do Plano Galego de Saúde Mental, que estaban, non só previstas, senón mesmo orzamentadas.

“Retornamos á situación en precario existente en 2006 na contratación do persoal ao prohibir tamén, a taxa de reposición, facer nomeamentos de interinidade, o que suporá que as coberturas que se efectúen serán en condicións precarias, mediante contratos de día, reforzos de garda...”, afirma a secretaria nacional de CIG-Saúde.

Diante desta situación que cualificou como especialmente grave polas repercusións que ten na prestación dun servizo público esencial como é a sanidade pública, a CIG-Saúde exixiu ao presidente da Xunta e aos grupos parlamentarios que insten ao goberno español, para que a Lei de Orzamentos de 2012 e posteriores non contemple a taxa de reposición no sistema sanitario, tal e como obriga a Lei de Estabilidade.

En todo caso, Abuín, matizou que de contemplala, “non teña carácter de normativa básica para que Galiza, en aras a facer uso das súas competencias sobre o Capítulo I de persoal, tome as decisións pertinentes, de cara a evitar esta merma nos cadros de persoal da Sanidade Pública”.

María Xosé Abuín alerta de que esta amortización de prazas terá como consecuencia “un empeoramento da calidade da sanidade pública, irá en detrimento da atención aos doentes, incrementará as listas de espera e ten como obxectivo abrir as portas á privatización do sistema sanitario”.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto