Noticias Sanidade Pública Mesas Sectoriais Información Mesa Sectorial
 
 

Información Mesa Sectorial

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
1.- OPE e Concurso de traslados.

Ø  OPE: PROPOSTA SERGAS.

O SERGAS propón convocar este ano a OPE de FEAS, para esta convocatoria teríanse en conta as vacantes existentes desde o ano 2009; 1762 prazas vacantes dotadas orzamentariamente (estas non son todas as  prazas vacantes  do SERGAS, pero o resto están cubertas con contratos temporais, non con nomeamento de interinos).  Como hai que aplicar a taxa de reposición do 10%, a oferta de prazas sería de 176 prazas. Non se convocarían todas as especialidades. Asistencia Sanitaria elaborará un informe das necesidades do SERGAS, en base a este informe decidiríanse as especialidades a convocar e en que  áreas sanitarias se convocarían.

Resto de categorías, convocaríanse nos seguintes anos.

  - Resposta CIG-SAÚDE.

O que ten que facer o goberno da Xunta é instar ao goberno do Estado para que se elimine a taxa de reposición.

Con nós que non conten para repartir esta miseria.

Agora convocan facultativos, pero, cómo se vai a contabilizar a taxa de reposición do ano que ven? Se esta se computa tomando como referencia as vacantes que se xeneren entre esta convocatoria e a seguinte,  non dá para convocar nin media praza de enfermaría.

Cando chegue a quenda de convocatoria do persoal de xestión e servizo o nº de prazas será = 0. Situación ideal para eliminar do cadro de persoal a certos colectivos.

Ø  Traslados: proposta SERGAS.

Cambios na normativa, en breve recibiremos a súa proposta que conterá os seguintes aspectos:

a.- Renuncias.

b.-Capacidade Funcional.

c.-Valoración de antigüidade. A antigüidade ten moito peso no baremo, isto conleva que en certos centros se estea a aumentar, de forma considerable, a idade das/os profesionais.

d.- Non se convocarán o 100% das prazas ofertadas a OPE, é dicir, convocaranse menos de 176 prazas para evitar o incremento do nº de profesionais se concursa persoal doutras CCAA. Tampouco se convocarán todas para non deixar desertos os comarcais.

e.- Terase en conta as prazas de alta especialidade.

  - Proposta CIG-SAÚDE.

a.- Eliminación da taxa de reposición

b.- Convocatoria do 100% das prazas vacantes, non só as 176 da oferta de emprego.

c.- Respecto dos baremos existentes. Mantemento o peso da antigüidade.

        d.- Negociar un pacto de selección temporal con puntuación adicional para as localidades con dificultade de cobertura;  isto facilitaría que non queden desertos os comarcais.

e.- Negociación dos itinerarios profesionais. Neste tema o SERGAS solicítanos que lle enviemos a nosa proposta por escrito.


Como podedes comprobar o SERGAS vai propor modificacións substanciais na selección e previsión  de persoal. Enviarán documentación.

 

2.- Selección temporal: chamamentos para os centros de saúde dos concellos de Pontevedra que agora se integran na área de xestión de Compostela.

Maioritariamente as organización sindicais propuxemos que para a selección temporal destes centros de saúde se realicen os chamamentos polas listas da área de Pontevedra. Na próxima convocatoria de selección temporal integraranse na área de Compostela.

 En xaneiro desaparecerán as Direccións Provinciais de Coruña e Ourense; están elaborando os procedementos para a xestión das contratacións nestas áreas.


3.- Plano de traballo 4º trimestre.


·         Integración no réxime estatutario do persoal transferido da Deputación de Lugo. Están elaborando o Decreto de integración. Non se ofertará carreira profesional .

·         Selección temporal de FEAS. Enviarán documento.

·         Desenvolvemento do Plano de Ordenación de RRHH. Temas a desenvolver:

                       a.-Regular as situación administrativas.

                       b.-Orde de vínculos.

                       c.- Regular capacidade funcional en: Selección temporal, selección definitiva, prolongación da vida laboral.

Desde a CIG-SAÚDE solicitamos que todas as reestruturacións que se fagan en aplicación do PORH para, como din eles, facilitar a xestión integrada, sexan negociados na Mesa Sectorial. Neste tema tivemos un debate importante, segundo o SERGAS pasarán por M.S os temas referentes ás condicións de traballo, os temas de organización non son competencia da M.S

Preguntamos se a organización non afecta ás/aos traballadoras/es e polo tanto vanse ver modificadas as súas condicións laborais. Se a organización non afecta ás/aos traballadoras, e polo tanto non é tema de mesa, se a asistencia sanitaria tampouco, que nos definan que facemos as/os traballadoras/es no SERGAS.


4.- Catalogación de prazas Enfermeira/o Especialista  en Saúde Mental. Non se pode facer xa que isto implica un incremento retributivo, e a Lei prohibe os incrementos.
 

>Temas que a CIG-Saúde quer abordar na Mesa Sectorial.

   Persoal de Xestión e Servizos de Atención Primaria, pendente desde o acordo do 2008.

   Cómputo de xornada.

   Reunión coas/os xerentes, ou como se chamen agora, de Atención Primaria para abordar a aplicación da acta de xullo de 2011.

   Grupo de traballo ou comisión Técnica para abordar o CPV do persoal facultativo. Non ven necesaria creación deste grupo, os indicadores son tema de organización. De condicións de traballo son as instrucións; están elaborando un documento de instrucións que se pasará pola M.S.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto