Noticias Outras novas Outras novas SOS-Sanidade Pública anuncia a posta en marcha dunha ILP pola Sanidade Pública
 
 

SOS-Sanidade Pública anuncia a posta en marcha dunha ILP pola Sanidade Pública

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
A Plataforma SOS presentou en rolda de prensa a Iniciativa Lexislativa Popular en defensa e promoción da sanidade pública galega.

A Iniciativa subscrita por representantes de todas as organizacións que integran SOS propón catro puntos:

1.- A defensa do carácter público da sanidade como garantía do dereito á saúde de todos os galegos

2.- A xestión pública e directa dos servizos sanitarios e o rexeitamento ás formas de financiamento e xestión privada introducidas pola Xunta de Galicia

3.- A necesidade de incrementar a capacidade resolutiva da Atención Primaria mellorando os seus recursos e o acceso ás tecnoloxías diagnósticas, como base dun sistema sanitario accesible, equitativo e eficiente.

4.- Mantemento do modelo descentralizado do sistema sanitario galego a través das áreas sanitarias, como espazos para a planificación, asignación e xestión integral dos recursos en base ás necesidades sanitarias da poboación e coa súa participación activa

Unha vez presentada no Parlamento SOS e as organizacións que a apoian recollerán firmas por toda Galicia aproveitando esta actividade para explicar e debater coa cidadanía as políticas de recorte e privatización que esta levan a cabo a Consellería de Sanidade e a Xunta de Galicia

Tamén se recordou que o 27 de Outubro están convocadas mobilizacións en todas as áreas sanitarias en defensa da sanidade pública e contra os recortes de recursos sanitarios da Xunta.

Á rolda de prensa asistiron representantes das plataformas de Ferrol, Ourense, Santiago, Vigo, Monforte, Barbanza, Pontevedra, A Coruña e O Barco, que estiveron apoiados por membros dos sindicatos CC.OO., UGT e CIG; así como de representantes dos grupos políticos do BNG, PSDEG e Esquerda Unida. Desculparon as súas asistencia a Confederación de Asociacións de Vecinos de Galicia (COGAVE) , o sindicato de enfermería SATSE e as plataformas de Burela, Lugo, Cangas, Moaña, e Salnés, que apoian a Iniciativa.
 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto