Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria O SERGAS aplica ás persoas sen recursos recortes no dereito á protección da saúde e á atención sanitaria
 
 

O SERGAS aplica ás persoas sen recursos recortes no dereito á protección da saúde e á atención sanitaria

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
CIG-Saúde exixe que, de forma inmediata, se retire este protocolo e se garanta a prestación sanitaria universal
 
A Orde de 5 de setembro de 2011, actualiza o procedemento para o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria por parte das persoas sen recursos económicos suficientes (PSR) e das persoas que se atopan en situación de desemprego (Código 29). CIG-Saúde, denuncia que neste protocolo se deixa as persoas sen recursos  que solicitan a tarxeta sanitaria sen dereito a ter médico asignado, a poder ser citados e a ter prestación farmacéutica. Só se lles recoñece dereito á asistencia de urxencia e emerxencia (agás no caso dos menores e das mulleres embarazadas, que manteñen estes dereitos).
Centro de saúde Atención Primaria


Para a aplicación desta Orde, o SERGAS remite aos Centros de Saúde un protocolo de traballo, con data do 10 de outubro de 2011, que recolle as instrucións para que o persoal administrativo tramite as tarxetas sanitarias das persoas sen recursos.

Ademais disto, no protocolo se indica que as persoas sen recursos que solicitan a tarxeta sanitaria serán clasificados como PRIVADOS e se lle fai asinar un compromiso de pago da asistencia realizada. Textualmente o protocolo di:

“Dende a entrada en vigor da Orde (o 29 de setembro de 2011) as persoas que solicitan como PSR teñen dereito á atención de urxencias e emerxencias, polo que, ante á solicitude dunha atención urxente é necesario dar unha alta rápida no aplicativo con documentación acreditativa "PRIVADO", previa búsqueda do cidadán na aplicación, sempre se lles entregará o modelo de compromiso de pago para que o asinen, escribindo a man (mentres non esté preparado o modelo na aplicación) o seguinte texto:

Persoas sen recursos económicos suficientes en tramitación. So asistencia urxencia/emerxencia”.

CIG-Saúde quere denunciar que, mediante un protocolo interno, se fai unha interpretación restritiva dos dereitos recoñecidos na Lei 8/2008 de Saúde de Galiza:

Artigo 4º.-Titulares do dereito á protección da saúde e á atención sanitaria.

1. O dereito á protección da saúde e á atención sanitaria con cargo a fondos públicos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e de cobertura universal garánteselles a todas as persoas que residan nos concellos desta comunidade autónoma.

A CIG-Saúde considera que é unha flagrante vulneración do dereito universal á prestación sanitaria e exixe que, de forma inmediata, se retire este protocolo.

A nova en Avantar.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto