Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria Loxística SERGAS: privatización por 88 millóns de euros
 
 

Loxística SERGAS: privatización por 88 millóns de euros

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Segundo unha noticia difundida onte pola Axencia Efe, a empresa Servicio Móvil é a adxudicataria do servizo de xestión loxística integral do Servizo Galego de Saúde, pola cantidade de 88 millóns de euros. A plataforma loxística central porase en marcha en outubro de 2012 e a aduxdicación faise por 10 anos. A empresa adxudicataria indica que a ubicación da plataforma loxística será a área de Santiago, e que haberá catro plataformas loxísticas máis para "optimizar a distribución capilar" aos perto de 650 centros médicos da Galiza.

Afirma tamén esta empresa que se trata dun proxecto pioneiro, no que se invertirán inicalmente 15.3 millóns de euros e calcula que se crearán 156 postos de traballo directos e 170 indirectos.

Tendo en conta que a amortización de prazas calculada por CIG-Saúde á vista dos datos no período 2011-2013 será de 3.300, non sabemos se o feito de que coa posta en marcha do servizo loxístico se creen estes postos de traballo será suficiente compensación para a perda de tal número de prazas de persoal estatutario, empregados/as PÚBLICOS, ou da privatización dun servizo que ata o de agora viña sendo público, realizado por persoal do SERGAS.

CIG-Saúde amósase totalmente en contra da privatización de servizos públicos e da destrución de postos de traballo e, polo tanto, desde CIG-Saúde non vemos con bos ollos que se entreguen a unha empresa privada 88 millóns de euros dos fondos públicos, a xestión dun servizo que viña sendo prestado pola administración pública, nin a perda de prazas de persoal estatutario que supoñen esta e outras privatizacións, que en ningún modo se compensan coa pretendida creación de 156 postos de traballo directos da que alardean a empresa adxudicataria e a Conselleira de Sanidade.


 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto