Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria Orzamentos Xunta 2012: millón e medio de euros menos para prevención e asistencia a drogodependencias
 
 

Orzamentos Xunta 2012: millón e medio de euros menos para prevención e asistencia a drogodependencias

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Captura
Os recortes que a proposta de orzamentos de 2012 da Xunta prevé para diferentes servizos públicos, entre os que se conta a Sanidade Pública e os Servizos Sociais, afectan dunha maneira importante á dotación programada para Asistencia e Prevención de Drogodependencias, partida que xa fora recortada nos orzamentos do 2011. O recorte de máis de millón e medio de euros que se lle fai no período 2010-2012 significa na práctica a eliminación do servizo que se presta de prevención e asistencia a drogodependencias.

Co recorte que se fai á asignación á FEGAMP é practicamente imposible que os concellos poidan manter os dispositivos e o persoal que traballa neles. Eliminan na práctica un servizo primordial, suprimindo postos de traballo imprescindibles para mantelo. Unha vez máis as persoas máis prexudicadas polos recortes da Xunta do PP aos servizos públicos son as que máis os necesitan.


A XUNTA DO PP REDUCE ORZAMENTOS PARA GASTOS SOCIAIS.
DEFÉNDETE DOS ATAQUES NEOLIBERAIS DE FEIJOO!!!

descarga e difunde!
 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto