Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria A CIG rexeita a denuncia da Consellaría de Sanidade contra Xabier Aboi por ter feito público o tempo de resposta da ambulancia de Marín
 
 

A CIG rexeita a denuncia da Consellaría de Sanidade contra Xabier Aboi por ter feito público o tempo de resposta da ambulancia de Marín

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O responsábel da FGAMT negouse a declarar na Fiscalía de Pontevedra no proceso aberto por un presunto delito de revelación de segredos

A CIG amosou hoxe o seu rexeitamento ao proceso xudicial aberto contra o responsábel nacional de Mar da FGAMT a raíz da denuncia presentada pola Consellería de Sanidade diante da Fiscalía despois de que Xabier Aboi fixese públicos os tempos de resposta da ambulancia de Marín. O representante sindical negouse hoxe a declarar ao entender que a acusación de revelación de segredos non se sostén porque os datos que deu a coñecer nunha rolda de prensa convocada para criticar os recortes no servizo de emerxencias son públicos.
2011 11 09AboiForaXulgados
Os feitos que motivaron a denuncia do departamento autonómico diante da Fiscalía remóntanse a finais de setembro, data na que Aboi compareceu diante dos medios de comunicación para denunciar publicamente que os recortes no servizo de ambulancias de Marín incrementaran os tempos de resposta por enriba do que recomendan os expertos.

Segundo manifestara na rolda de prensa, como consecuencia desta situación producíronse tres incidentes con resultado de morte por cardiopatía que non foron ben atendidos. O representante sindical retara á Consellería a desmentir as súas afirmacións ou a denuncialo nos xulgados se consideraban que eran falsas.

Hai uns días recibiu unha citación para declarar diante da Fiscalía despois de que Sanidade decidise presentar unha denuncia contra el por revelación de segredos. “Non desmenten nada do que afirmamos e limítanse a pedirlle á Fiscalía que investigue porque algún medio de comunicación publicou que a CIG tiña documentos, e todo isto en base a unhas fotocopias de periódicos”, explica. Aboi tamén lembra que o único que fixo público foron os tempos de resposta das ambulancias, “información que se pode consultar no Parlamento despois de que a Consellería entregase os documentos a petición do BNG”.

Neste senso, sostén que non revelou ningún dato confidencial sobre os pacientes ou as súas patoloxías e fai fincapé en que “todo Marín coñece a información porque é unha vila pequena” e porque incluso algúns dos afectados explicaron nun programa de radio o sucedido. Ao mesmo tempo, aproveitou para criticar a actitude do departamento autonómico e quixo deixar claro que “Xabier Aboi non é o culpábel de que teñan recortado o servizo de ambulancias, senón que é unha decisión da conselleira pola que debería dimitir”.

Unha vez rematada a fase da toma de declaración, que non se chegou a producir porque Aboi exerceu o seu dereito a non facelo, queda en mans da Fiscalía a decisión de continuar coa investigación ou arquivar o caso.

A nova en Avantar.
  

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto