Noticias Outras novas Outras novas Xunta e Estado: a voltas coa taxa de reposición
 
 

Xunta e Estado: a voltas coa taxa de reposición

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Parece ser que a Xunta de Galiza e o Estado chegaron a un acordo sobre a cuestión de inconstitucionalidade que se tiña prantexado por mor da taxa de reposición. O acordo, publicado en DOG e BOE o pasado mércores, permitiralle ao SERGAS convocar a OPE de Facultativ@s tal e como anunciou que pretendía facelo.

dogDesde a Dirección de Recursos Humanos envíannos una comunicación ao respecto da publicación do acordo, botando balóns fóra, e indicando que está nas mans do goberno do Estado excepcionar ao persoal facultativo e ao persoal diplomado especialista da taxa de reposición, que era o que se pedía por parte da Xunta de Galiza. Queremos lembrarlle á Consellaría que tamén está nas mans da Xunta tomar medidas que conduzan a esa excepción, como instar ao goberno central a que a taxa de reposición non se estableza como normativa básica, para que así a Xunta de Galiza poida lexislar a excepción do persoal da Sanidade, non só de persoal facultativo e diplomado especialista, senón de todo o persoal, que de non repoñerse debidamente, a carencia de profesionais provocaría un grave problema de inoperancia na Sanidade Pública.

Desde CIG-Saúde levamos reclamando en múltiples ocasións a retirada dos orzamentos da taxa de reposición na administración sanitaria, taxa que co tempo faría inviable a prestación do servizo, ao impedir a reposición do persoal que deixe a súa praza vacante por mor de xubilación, invalidez ou falecemento. Fixémolo públicamente, dirixíndonos persoalmente á Conselleira, e tamén nas mesas negociadoras, como sucedeu onte na Mesa Sectorial de Sanidade do Estado, onde por segunda vez (a primeira xa foi o ano pasado) entregamos un escrito sobre esta cuestión, no que se pedía de novo que se instara ao goberno do Estado a retirar a taxa de reposición dos orzamentos. Hai que dicir que, tal e como sucedera o ano pasado, ningunha OOSS apoiou a nosa proposta, cousa que a CIG-Saúde lle parece, cando menos, rechamante, posto que hai sindicatos que aquí convocan folgas contra os recortes e a taxa de reposición, e cando se formulan nas mesas negociadoras propostas conducentes á retirada desta taxa, votan en contra.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto