Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria Privatizacións a esgalla: á Consellaría véselle o plumeiro.
 
 

Privatizacións a esgalla: á Consellaría véselle o plumeiro.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
O pasado venres publicouse no DOG unha resolución mediante a cal se renova a privatización de parte dos servizos de fisioterapia, logopedia e fisioterapia respiratoria da provincia de Lugo, por importe de un millón e medio de euros.

Desde CIG-Saúde vimos esixindo de sempre que estes servizos se presten por persoal estatutario e dentro das infraestruturas SERGAS, mellorando se é necesario tanto o número de persoal como os espazos físicos onde se prestan. O SERGAS ven recurrindo a este tipo de concertos para reducir lista de espera, aducindo que só se deriva á privada aquelo que non pode prestarse desde os servizos de Fisioterapia da Sanidade Pública nun mínimo de tempo. Como CIG-Saúde, temos reclamado que se faga unha mellor organización do servizo que se presta no SERGAS para evitar estes concertos, posto que parece claro que non se están racionalizando os recursos existentes, e concédenselles a empresas privadas a prestación de servizos, incidindo unha vez máis na privatización da Sanidade Pública e na calidade da asistencia sanitaria. A ninguén se lle escapa que un millón e medio de euros daría para mellorar moito os servizos de fisioterapia do SERGAS, aumentando o persoal se for preciso.

O que nos chama poderosísimamente a atención nesta ocasión é que presumindo como se presume desde a Consellaría de que o Lucus Augusti, recentemente posto en marcha, é o hospital máis moderno de Europa, teñan necesidade de seguir a concertar os servizos de fisioterapia e logopedia. Acaso o hospital máis moderno de Europa non tén un servizo de fisioterapia acorde coa modernidade da que se presume? Pensamos que non é o caso, simplemente, e a pesares de que moito se fala de "austeridade" e "xestión eficiente", ao final véselle o plumeiro á Consellaría: séguese no camiño da PRIVATIZACIÓN.

CIG-Saíude esixe a retirada deste concerto, a racionalización dos recursos, tanto técnicos como humanos, dispoñibles, o aumento do persoal de fisioterapia de ser necesario, e que deixen de privatizarse servizos que poderían ser prestados perfectamente desde a Sanidade Pública.
 
 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto