Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria A Conselleira fala de solidariedade mentres traballadores que constrúen o Novo Hopsital de Vigo cobran 500 euros ao mes traballando 10 horas diarias
 
 

A Conselleira fala de solidariedade mentres traballadores que constrúen o Novo Hopsital de Vigo cobran 500 euros ao mes traballando 10 horas diarias

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Xa temos comentado en diversas ocasións que a Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, pediunos no seu momento que debíamos ser solidarios/as coas persoas en desemprego e co resto de traballadores/as e non rechistar mentres a súa Consellaría paralizaba os acordos retributivos e nos reducía salarios. A demagoxia de apelar á solidariedade por parte da señora Farjas vennos agora á cabeza despois de que se coñecera que a empresa que constrúe o Novo Hospital de Vigo ten contratado persoal que traballando máis de 10 horas diarias cobra a inxente cantidade de 500 euros.

Supoñemos que a solidariedade á que apelaba a Conselleira fará que agora, en vista das condicións de práctica ESCRAVITUDE na que traballan estas persoas, desde a Consellaría se rescinda o contrato á empresa que constrúe o Novo Hospital de Vigo, que, dito sexa de paso, pertence ao candidato nº 4 de Pontevedra ao Congreso polo PP, o señor Telmo Martin. CIG-Saúde pregúntase se esas son as condicións laborais que Telmo Martin pensa defender como deputado no Congreso.

Desde CIG-Saúde esiximos que, posto que o que se aforra a administración coa suspensión dos acordos retributivos (case 4 millóns de euros) se inviste en pagar a empresas privadas que se van encargar de construir e xestionar (en parte) o Novo Hospital de Vigo, se esixa cando menos que as persoas que son contratadas por esas empresas o sexan nunhas CONDICIÓNS LABORAIS E SALARIAIS DIGNAS, e non nestas condicións de cuasi-escravitude nas que o señor Telmo Martin tén ao persoal. A ver se resulta que inda por riba de que o hospital nos vai costar 4 veces máis caro por entregalo ao capital privado, nin sequera as persoas que se contraten por mor disto vaian ter unhas mínimas condicións de traballo e salario.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto