Noticias Persoal Contratacións Información Reunión Comisión de Seguimento do Pacto
 
 

Información Reunión Comisión de Seguimento do Pacto

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Comisión de seguimento do Pacto 24 de novembro de 2011

Segunda convocatoria de listaxes polo expedient-e. o Comunicáronnos de que o luns 28 de novembro de 2011, se publicará en DOG a resolución pola que se abre o prazo de inscrición para as categorías de: 
Grupo Auxiliar da función administrativa 
Persoal de Servizos Xerais 
Celador/a 
O prazo de inscrición abrirase o 1 de decembro de 2011 e TODAS as persoas interesadas deberán inscribirse a través do FIDES/expedient-e. o Os méritos que serán tidos en conta son os causados a 31 de decembro de 2011. 
O prazo de aportación de solicitudes e méritos remata o 15 de xaneiro de 2012. o Ao igual que na convocatoria de Técnicos Superiores, a solicitude presentarase vía electrónica e documental co pertinente rexistro administrativo da solicitude. 
Unha vez se publiquen os listados provisionais, abrirase un prazo máximo de 10 días hábiles para a presentación de reclamacións.

Aclaracións de dúbidas ou cuestións sobre o expedient-e e o novo pacto
Solicitudes de inscrición confirmadas: no caso de que algún aspirante, unha vez teña confirmada de maneira definitiva no FIDES a inscrición nas listas de contratación, queira facer algunha modificación na mesma, poderá aportar por rexistro administrativo un escrito dirixido á mesma unidade de validación que a solicitude de inscrición, no cal solicite os cambios na solicitude de inscrición que considere oportunos, SEMPRE que se faga antes da finalización do prazo de presentación de inscricións (neste caso, o 15 de xaneiro). 
Cursos antigos que non teñen o programa impreso no diploma: teranse en conta só os que indiquen a categoría destinataria. 
Nomeamentos a tempo parcial: preguntouse de cal sería a orde de oferta deste tipo de contratos, a resposta foi a seguinte: 
1º opción voluntaria de nomeamentos a tempo parcial da área/zona. 
2º lista xeral da área/zona. 
3º opción voluntaria de áreas limítrofes.
Segundo a Administración contestan que, dada a situación actual, non se dará este caso porque consideran que non se esgotarán as listas. 
Listas de curta duración: na inscrición figurará sempre a opción SI/NON ás listas de curta duración. Naquelas áreas ou zonas nas que estén habilitadas estas listaxes (Anexo II) haberá unha casela na que os aspirantes terán que escoller o centro ao que pretenden anotarse.

Varios
A Administración informa que no mes de decembro nos convocarán para tratar o regulamento das listas de curta duración, e tamén o regulamento da Formación Práctica Específica que se recolle no Pacto. 
Non hai previsión da publicación das listas provisionais de Técnicos Superiores, porque están a ter problemas coa catalogación da experiencia profesional.
Previsións: A Administración informounos de que teñen a intención de que as seguintes categorías en abrir o prazo de inscrición sexan as categorías sanitarias e finalmente o resto do persoal non sanitario. De todas maneiras pretenden ter pechados todos os procesos de inscrición no mes de marzo de 2012.
   
 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto