Noticias Sanidade Privada Novas sobre a Sanidade Privada As/os traballadoras/es das clínicas privadas pontevedresas convocan tres xornadas de folga polo bloqueo na negociación do convenio
 
 

As/os traballadoras/es das clínicas privadas pontevedresas convocan tres xornadas de folga polo bloqueo na negociación do convenio

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Arredor de 400 persoas percorreron en manifestación as rúas de Vigo para denunciar a actitude da patronal

Arredor de 400 traballadoras/es da sanidade privada percorreron onte á tarde as rúas de Vigo para denunciar o bloqueo nas negociación do convenio colectivo das clínicas privadas de hospitalización e internamento da provincia de Pontevedra. Ao remate da manifestación anunciaron a convocatoria de tres xornadas de folga para denunciar a actitude da patronal.
A mobilización, convocada polos sindicatos CIG, CCOO e UGT, partiu ás 17.00 horas da empresa Clece, na rúa Hispanidade. A continuación pasou pola clínica Pintado para despois subir pola rúa Marqués de Alcedo até a clínica O Castro-Pepetuo Socorro. Rematou fronte a Concheiro, na Avenida de Madrid, arredor das 18.30 horas.

Unha vez alí, os representantes do comité de empresa anunciaron a convocatoria de tres xornadas de folga para os vindeiros días 15 de decembro e 18 e 25 de xaneiro. Tamén criticaron o feito de que a patronal os convocase onte para retomar as negociacións o vindeiro día 13 de decembro, “pero non na sede da Confederación de Empresarios senón nun local de Academia Postal”.

A nova en Avantar.
 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto